Tag: o rosal cámara fest
A II edición de ‘O Rosal Cámara Fest’ encherá de música todas as parroquias no mes de agosto
A música de cámara volverá a soar en cada recuncho de O Rosal durante este mes de agosto. O Concello e a Agrupación Musical do Rosal presentaron hoxe a II edición de ‘O Rosal Cámara Fest’, un festival que naceu o pasado verán e que este ano expándese con 12 concertos en cada unha das parroquias do municipio.