23.5 C
Pontevedra
Mércores, 27 de Setembro de 2023
Máis
    HomeBaixo MiñoO RosalO Rosal Cámara Fest pecha mañá a súa cuarta edición

    O Rosal Cámara Fest pecha mañá a súa cuarta edición

    O IV Rosal Cámara Fest remata mañá cun concerto da formación Camerata Arven, que se realizará na Igrexa de Santa Mariña ás 21 horas. A actividade é aberta ao público e de balde.

    Ademais do concerto, realizarase unha ruta guiada pola zona, tamén de balde, para a que é precisa a inscrición previa no teléfono 677783296 ou no email patri@amodoturismo.com.

    Camerata Arven é un grupo de músicos profesionais, moi dinámico en canto repertorio, e que aposta polos novos compositores. Desde 2018 son a formación residente dos seminarios de dirección do Centro Superior de Música de Galicia.

    Con Camerata Arven remata esta cuarta edición do Rosal Cámara Fest, que comezou o 20 de xullo e ofreceu oito concertos e catro actividades paralelas  en diferentes espazos do Concello do Rosal.

    Nesta edición, propúxose un cartel máis ambicioso, que fixo medrar o alcance dos concertos, convidando a bandas, agrupacións e corais de diferentes puntos de Galicia.

    LIBROS

    Alberto Mancebo, «O que me quedaba por dicirche»

    Poderiamos afirmar que nos últimos meses algo se está a mover na literatura galega pola aparición de novos autores que nos sorprenden gratamente pola frescura das súas propostas.

    Antón Riveiro Coello, «Hotel Carioca»

    Antón Riveiro Coello volve a demostrar a súa rara habilidade para a construción de historias nas que xoga a mantenta coas personaxes e mais co lector.

    Branca Novoneyra, «As cunchas baleiras»

    Logo dunha longa década de escrita íntima e de reflexión, Branca Novoneyra decide facer público un novo poemario de clara vocación estética e simbólica como é «As cunchas baleiras», que ela mesma concibe como unha «antoloxía» dos versos que saíron da súa pluma ao longo de todo este tempo.