Tag: mumi
Empresas e profesionais da música de Galicia e Portugal tenden novas pontes no MUMI, do 9 ao 11 de setembro
Os dereitos das artistas, as diversas formas de apoio á cultura, o papel das salas de concertos e dos festivais, ou o asocianismo na xestión cultural serán algún dos temas que aborden os faladoiros programados polo MUMI 2021. Do 9 ao 11 de setembro a Eurocidade Tui-Valença acolle o Encontro Profesional das Músicas no Minho, cun programa completo que xa se pode consultar en mumimusicas.eu.
Galandum Galundaina e Uxía, ao vivo na clausura do MUMI 2021
O MUMI 2021, que se desenvolverá do 9 ao 11 de setembro na Eurocidade Tui-Valença, contará para a súa clausura cun concerto dobre protagonizado por dúas das propostas musicais de maior renome a ambas beiras do Miño.
A música de dezaoito bandas galegas e portuguesas soarán no MUMI 2021
A Eurocidade Tui-Valença acollerá do 9 ao 11 de setembro o MUMI 2021, un encontro profesional do sector musical e cultural galego e portugués.
Cultura e música para a recuperación: a aposta da Eurocidade Tui-Valença polo MUMI 2021
“Estamos ávidos de espectáculo”. Así o proclamaba o presidente da Cámara Municipal de Valença, Manuel Rodrigues Lopes, na presentación onte mércores 5 do MUMI 2021, o encontro profesional das músicas do Minho que se celebrará do 9 ao 11 de setembro. Xunto a el, o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro González e representando á organización do MUMI, César Cardoso e Manuel Vicente Roxo.
Músicas no Minho
O MUMi é o primeiro mercado profesional de música e cultura organizado polos dous territorios ibéricos e promovido por unha asociación que integra empresas, profesionais e colectivos do sector musical galego e portugués, co obxectivo de crear unha ponte de ida e volta real e estable para as músicas de ambos países.