Tag: móllate polos ríos
Nigrán súmase un ano máis ao proxecto de Adega “Móllate polos ríos”
O Concello de Nigrán súmase por séptimo ano consecutivo este domingo 26 de setembro á Limpeza Simultánea “Móllate polos ríos” coordinada por Adega nunha xornada de voluntariado ambiental e concienciación social.
Ponteareas reforza a súa conciencia ambiental uníndose a unha limpeza de ríos simultánea con 21 municipios galegos
Ponteareas reforza a súa conciencia ambiental mollándose os pés nos seus ríos para participar nunha limpeza simultánea con outros 21 concellos galegos. O Concello colaborará con ADEGA e persoas voluntarias o vindeiro 26 de setembro para retirar lixo da ribeira do Tea, unha xornada que forma parte do proxecto 'Móllate polos ríos', que promove a asociación ecoloxista.
Gondomar retira máis de 1000 quilos de residuos na xornada de limpeza dos ríos
Máis de medio centenar de persoas déronse cita á primeira hora da mañá no punto de partido, en Ponte de Ánimas, para coordinar os diferentes grupos que ían participar na limpeza do río Miñor, desde a Ponte de Mañufe ata a Ponte do Beco; así como os afluentes Rasas e Morgadáns.
Ponteareas móllase polo río, participa na XIII Limpeza simultánea
Co obxectivo de contribuir na protección e coidado do medio ambiente, a concelleira Rosa Covelo anima a toda a veciñanza a participar na XIII Limpeza simultánea do río “Móllate polos ríos” que terá lugar este domingo 27 de ás 09:30 horas na praia da Freixa.
Tomiño participa na limpeza simultánea de ríos impulsada por Adega
Como cada ano o Concello de Tomiño colaborará coa limpeza simultánea de ríos impulsada pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (Adega) ao abeiro do Proxecto Ríos. O vindeiro 27 de setembro voluntarios e voluntarias participarán nesta actividade que, baixo o lema de ‘Móllate polos ríos’, promove a retirada de lixo da beira dos ríos, coa que se busca achegar un gran de area na conservación dos ecosistemas fluviais e concienciar á veciñanza.
Nigrán participa por sexto ano consecutivo no “Proxecto Móllate polos Ríos” de Adega cunha limpeza matinal
O Concello de Nigrán súmase por sexto ano consecutivo o domingo 27 de setembro ao “Proxecto Móllate polos Ríos” coordinado pola asociación ecoloxista Adega e que nesta ocasión se centrará no último curso do río Muíños, en Praia América (en anteriores edicións foi o Esteiro de A Foz ou a propia desembocadura deste río). Trátase da 'XIII Limpeza Simultánea' e terá lugar en ríos que atravesan medio cento de municipios de Galicia e sempre grazas ao labor de grupos de voluntarios, xa que se trata dunha iniciativa educativa que busca a concienciación social.