12 C
Pontevedra
Venres, 29 de Marzo de 2024
Máis
    HomeVal MiñorGondomarGondomar retira máis de 1000 quilos de residuos na xornada de limpeza...

    Gondomar retira máis de 1000 quilos de residuos na xornada de limpeza dos ríos

    O goberno local, a través da súa concellería de Medioambiente , mostrou a súa satisfacción pola colaboración obtida por parte da veciñanza que se sumaron este domingo á iniciativa “ Proxecto Ríos”, que organiza a asociación ecoloxista ADEGA, e na que o Concello participa desde fai xa 13 edicións.

    Máis de medio centenar de persoas déronse cita á primeira hora da mañá no punto de partido, en Ponte de Ánimas, para coordinar os diferentes grupos que ían participar na limpeza do río Miñor, desde a Ponte de Mañufe ata a Ponte do Beco; así como os afluentes Rasas e Morgadáns.

    Un ano máis foron diferentes os residuos que se retiraron tanto das beiras como do propio río, destacando entre eles a aparición por primeira vez das máscaras cirúrxicas, varios pneumáticos, un tambor de lavadora e grandes cantidades de plástico, sacos de entullos ou bolsas, enterradas no fondo do río ou entre as ramas da vexetación da súa contorna.

    Dende o Concello agradecen a colaboración de todos os voluntarios e voluntarias que este domingo sumáronse á actividade e insisten na necesidade de seguir apoiando iniciativas destas características e campañas de sensibilización para lograr “que os ríos deixen de ser un lugar no que lanzar verteduras, e a xente tome conciencia de que é necesaria a seu defensa, así como a de todo a súa contorna”.

    Nesta ocasión tamén participaron na xornada integrantes da Asociación Galaicosquad Val Miñor, que desinteresadamente, ofrecéronse a ir recollendo durante a mañá as bolsas e residuos que os voluntarios depositaron en puntos sinalados previamente para así poder trasladalos con máis facilidade.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.