14.5 C
Pontevedra
Venres, 19 de Abril de 2024
Máis
    HomeVal MiñorNigránNigrán participa por sexto ano consecutivo no “Proxecto Móllate polos Ríos” de...

    Nigrán participa por sexto ano consecutivo no “Proxecto Móllate polos Ríos” de Adega cunha limpeza matinal

    Os voluntarios que desexen participar nesta xornada de concienciación deben inscribirse ata este domingo 20 no mail oficinaturismo@nigran.org, organizándose grupos reducidos

    O Concello de Nigrán súmase por sexto ano consecutivo o domingo 27 de setembro ao “Proxecto Móllate polos Ríos” coordinado pola asociación ecoloxista Adega e que nesta ocasión se centrará no último curso do río Muíños, en Praia América (en anteriores edicións foi o Esteiro de A Foz ou a propia desembocadura deste río). Trátase da ‘XIII Limpeza Simultánea’ e terá lugar en ríos que atravesan medio cento de municipios de Galicia e sempre grazas ao labor de grupos de voluntarios, xa que se trata dunha iniciativa educativa que busca a concienciación social. Os interesados en participar deben inscribirse previamente ata o domingo 20 a través do mail oficinaturismo@nigran.org (indicando o nome, DNI e teléfono de contacto de todos os participantes) ou  no teléfono 986368734 de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas e o domingo de 10:00 a 14:00. Os inscritos deberán presentarse ás 11:30 do domingo 27 de setembro na explanada de Praia América (onde a antiga escola de surf e o mercado multicultural). O Concello facilitará máscaras conmemorativas da xornada, bolsas e luvas,  recomendándose levar botas de auga. A xornada alongarase durante hora e media  aproximadamente finalizando cunha pequena merenda.

    O Concello de Nigrán participa nesta xornada dende o ano 2015 baixo a iniciativa do goberno local. Dende entón, grazas o labor dunha vintena de voluntarios, téñense retirado do esteiro de A Foz e da propia desembocadura do río Muíños algo máis de dúas tonelada de lixo, principalmente botellas de vidro e material de construción e pesca, pero tamén tixolas, paraugas, cadeiras, xoguetes…

    “Este é un día de sensibilización e concienciación medioambiental no que se pon de manifesto a necesidade da correcta xestión dos residuos, ao tempo que amosamos que as pequenas accións valen moito”, suliña o alcalde, Juan González.

    O Proxecto Ríos é un programa de Educación e Voluntariado Ambiental que ten a finalidade de dar a coñecer o importante papel dos cursos fluviais, amosar as súas problemáticas así como fomentar iniciativas que permitan á cidadanía o mantemento e a mellora dos ríos proporcionando as ferramentas que garantan a súa participación.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.