14.5 C
Pontevedra
Venres, 19 de Abril de 2024
Máis

    Tag: mercado de sabarís

    O Mercado de Sabarís retoma as exposicións co fin de dinamizar Sabarís

    Uns meses despois da súa inauguración, e tras acoller actividade cultural durante todo o verán dentro da programación “ Baiverán”, organizada pola Concellería de Cultura do Concello de Baiona, o Mercado de Sabarís retoma as exposicións coa mostra colectiva do Grupo Galeoska.

    A Asociación Galega de Ambulantes Autónomos denuncia a “ausencia de control” no mercado de sabarís

    “A policía Local non fixo ningún tipo de control permanente durante o verán no mercado de Sabarís, permitindo a venda sen Licencia Municipal para exercer a actividade” denuncia a Asociación Galega de Ambulantes Autónomos (AGAA) nun comunicado remitido aos medios de comunicación.

    Baiona confirma que o luns 22 de febreiro retomarase o mercadillo de Sabarís

    A Concellería de Comercio e Mercado do Concello de Baiona informa de que, tras a confirmación da boa tendencia á baixa, en canto á incidencia de Covid-19 no municipio, o vindeiro luns 22 de febreiro vai retomar o mercadillo semanal dos luns de Sabarís.

    Baiona reduce o número de postos no mercado semanal de Sabarís

    O Concello de Baiona acordou adoptar medidas de prevención adicionais no mercado semanal dos luns de Sabarís coa redución do número de postos, en virtude das medidas de restrición adoptadas pola Consellería de Sanidade fronte ao COVID-19 sobre as actividades ao aire libre. Así, a Concellería de Comercio e Mercado,...

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.