13.7 C
Pontevedra
Sábado, 20 de Abril de 2024
Máis

    Tag: lula goce

    Nigrán estrea en Panxón o maior mural da artista Lula Goce na comarca do Val Miñor

    A artista de Baiona Lula Goce, internacionalmente recoñecida polos seus impactantes murais, ven de rematar en Panxón a súa maior obra na comarca grazas á iniciativa do Concello de Nigrán. O goberno local contratou este verán a Goce a ilustración dun muro de algo máis de 200 metros cadrados de superficie ubicado na subida da rúa Gondomar (ao carón do cemiterio, pavillón e Escola Infantil Dunas).

    O Hospital Álvaro Cunqueiro acolle a obra que a artista baionesa Lula Goce realizou para os Premios da Cultura Galega

    O director xeral de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo; o xerente da Área Sanitaria de Vigo, Julio García Comesaña, e o secretario xeral técnico da Consellería de Sanidade, Alberto Fuentes, inauguraron hoxe o mural Xa che Vigo, a obra de gran formato que a artista baionesa Lula Goce elaborou para a escenografía dos Premios da Cultura Galega 2019 e que foi colocada na zona de consultas do complexo hospitalario. Ao acto asistiron tamén membros do equipo directivo da Área Sanitaria.

    O Concello de Nigrán contrata á artista Lula Goce para pintar o maior mural da comarca

    O Concello de Nigrán ven de contratar á artista de Baiona Lula Goce, internacionalmente recoñecida polos seus impactantes murais, para pintar en Panxón a que será a súa maior obra na comarca. Goce está a traballar xa nun muro de 200 metros cadrados de superficie ubicado na subida da rúa Gondomar (ao carón do cemiterio) e que estará rematado ao longo do verán.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.