Tag: kitefest cesantes
Os ‘riders’ internacionais, protagonistas da primeira xornada do ‘KiteFest Cesantes’
Arrincou onte sábado, en Cesantes, a terceira edición do KiteFest, cita que organiza o TMKiteClub e o Concello de Redondela co patrocinio da Xunta de Galicia. Aínda que o escaso vento que soprou hoxe en Cesantes obrigou á organización para aprazar as probas a mañá, os participantes puideron gozar...
A enseada de San Simón prepárase para acoller a terceira edición do ‘KiteFest Cesantes’
Cesantes xa se prepara para converterse por terceiro ano consecutivo na capital do Kitesurf en Galicia coa celebración do KiteFest. A cita, organizada polo TMKiteClub e o Concello de Redondela e que conta co patrocinio da Xunta de Galicia, celebrarase os días 11 e 12 de xullo e reunirá de novo a unha potente frota de máis de 70 participantes ofrecendo todo un espectáculo na enseada de San Simón durante as dúas xornadas de evento.