Tag: hortas urbanas
A horta urbana do centro de Nigrán festexa o seu primeiro aniversario
O Concello de Nigrán festexou esta semana o primeiro aniversario do seu horto urbano comunitario situado no parque Vázquez Grela (centro de Nigrán, lugar onde se celebrará) e o segundo aniversario do da Ramallosa. Ambos son municipais e funcionan baixo a coordinación da cooperativa local 'SomosTerra' (contratada tamén polo Concello para dirixir os cultivos nos centros escolares de Nigrán).