6.4 C
Pontevedra
Martes, 5 de Decembro de 2023
Máis
    HomeVal MiñorNigránA horta urbana do centro de Nigrán festexa o seu primeiro aniversario

    A horta urbana do centro de Nigrán festexa o seu primeiro aniversario

    O espazo municipal de 104 metros cadrados, ubicado no parque Vázquez Grela, ten unha ducia de usuarios. A esta horta o Concello suma á de Ramallosa, que funciona moi activamente desde hai dous anos

    O Concello de Nigrán festexou esta semana o primeiro aniversario do seu horto urbano comunitario situado no parque Vázquez Grela (centro de Nigrán, lugar onde se celebrará) e o segundo aniversario do da Ramallosa. Ambos son municipais e funcionan baixo a coordinación da cooperativa local ‘SomosTerra’ (contratada tamén polo Concello para dirixir os cultivos nos centros escolares de Nigrán). Grazas a ambas iniciativas, actualmente medio cento de persoas das contornas máis urbanas de Nigrán cultivan e colleitan os seus propios froitos (quedan prazas dispoñibles para veciñanza que se queira sumar). O seu funcionamento é mediante o traballo en equipo e de xeito colaborativo con obradoiros semanais (as tardes dos mércores en Nigrán e os luns na Ramallosa).

    “Queremos promover o autocultivo en contornas onde dificilmente a veciñanza dispón de terreo e, a través disto, fomentar hábitos saudables e potenciar a sensibilidade ambiental, a socialización e o espíritu colaborativo. Nos tempos que corren significa tamén un aforro nos petos dos usuarios e unha aposta pola sostibilidade”, explica o alcalde, Juan González.

    “Son puntos de encontro no que, ademais, aprender sobre restauración e recuperación de solos, cultivo ecolóxico, asociacións de cultivos, compostaxe e sostibilidade… En Nigrán empezaremos de cero, delimitando e preparando entre todos o terreo; na Ramallosa foi diferente porque traballamos en grandes maceteiros con sustrato xa preparado”, explican Raquel Gómez e Diana Muñoz desde Somos Terra. En ambos o resultado é espectacular, tendo producido pementos, tomates, berenxenas, cabaciños, xudías, boniatos, amorodos, sandías… E actualmente sementando xa para os cultivos de outono, principalmente as coles.

    O sistema deseñado para o Concello por Somos Terra implica que todos os usuarios realizan os traballos conxuntamente polo ben común, distribuíndose a posteriori a colleita de xeito equitativo entre todos. Para elo, establécese un calendario de tarefas que os inscritos deben seguir e semanalmente se realizan obradoiros específicos sobre determinados temas hortícolas (compostaxe, rego, especies aormáticas, hortos verticais…) ademais de contar con asesoramente presencial.

    “A zona verde da Praza Carlos Casares da Ramallosa, que non se empregaba para nada e pasaba totalmente desapercibida, transformouse nun punto de encontro onde florecen os mellores valores e dos que como goberno nos sentimos máis orgullosos de promover. Esta mesma filosofía se aplicou ao parque Vázquez Grela de Nigrán, descoñecido para unha boa parte da veciñanza e que cada vez gaña máis usuarios”, explica o alcalde.

    LIBROS

    Amador Castro Moure, «Pronto hei de volver»

    A emigración, como non podía ser doutra maneira, é un deses temas aos que a literatura galega volve unha e outra vez. Dende distintas perspectivas e con diferentes enfoques e intencións, forma parte troncal do noso sistema literario dende o momento en que comezou a tomar forma.

    Xosé M. Eyré, «Ou as dúas estaredes mortas»

    Moito temos falado neste mesmo espazo dos cada vez máis difusos lindes entre xéneros literarios; de como novela e relato –tamén a poesía ou o teatro– semellan lidar pola posesión de espazos que tradicionalmente lles eran alleos e que pretenden converter en propios, alimentando así unha fusión que, no fondo, non deixa de ser a procura de novas vías de expresión aínda non transitadas.

    Raquel Castro, «Sobremesas sobre versos»

    Dende fai xa varios anos, Raquel Castro é unha das habituais na literatura infantil galega, pero a maioría dos seus traballos publicados enfocábanse cara ao mundo do teatro para nenos, onde deixou pezas de excelente facturación.