Tag: galiña azul
Movemento Salceda seguirá loitando pola segunda escola infantil
Logo da polémica suscitada despois da solicitude, por parte da Concellería de Benestar Social, dunha subvención para a construción dun centro de día na parcela reservada para a segunda Galiña Azul, Movemento Salceda quere deixar claro que para a formación local a segunda Galiña Azul é irrenunciable.
Aberto o proceso de admisión de alumnado na Galiña Azul do Rosal
A escola infantil A Galiña Azul do Rosal xa ten aberto o seu proceso de admisión de alumnado para o curso 2022/23. O prazo de presentación de solicitudes rematará o vindeiro venres 8 de abril.
Inicio de acondicionamento da antiga ‘Galiña azul’ nas Neves
O Servizo Galego de Saúde vén de comezar as obras de acondicionamento das vellas instalacións da 'Galiña Azul', situadas a carón do Centro de Saúde. O Concello das Neves cedera o ámbito da antiga Escola Infantil ao SERGAS para a ampliación do Centro de Saúde da vila que gañará, así, máis de 50 metros cadrados.
O Rosal suspende a solicitude de prazas no CPI, CRA María Zambrano e Galiña Azul ata o remate do estado de alarma
O Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da crise sanitaria ocasionada polo COVID-19 recolle a suspensión de todos os prazos administrativos, incluídos os de solicitude de praza ou renovación de matrícula nos centros de ensino. Neste sentido, lémbrase que no CPI Manuel Suárez Marquier e no CRA María Zambrano paralizouse o período de matriculación que xa estaba aberto e que se reabrirá xusto coa reanudación das clases no centro escolar.
O Porriño remata as obras da ‘Galiña Azul’ de Torneiros realizadas con fondos propios
As obras de reforma de espazos e mellora da gardería de Torneiros, vinculada a rede 'Galiña Azul' da Xunta de Galicia, están prácticamente rematadas como puido comprobar onte a alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, que visitou as instalacións acompañada pola concelleira de Educación, Lourdes Moure.