8.7 C
Pontevedra
Martes, 23 de Abril de 2024
Máis

    Tag: fondo galego

    O Concello de Nigrán volve a presidir o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

    O alcalde de Nigrán, Juan González, presidirá durante os próximos catro anos o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade despois de que así o decidise hoxe por unanimidade a asemblea xeral de socios celebrada en Santiago.

    Nigrán fará unha achega ao fondo galego para reforzar a limpeza nos campamentos de refuxiados saharauis

    O Concello de Nigrán achegará ao Fondo Galego de Cooperación e Solidaredade 10.000 € para o proxecto de recollida de residuos e sensibilización ambiental nos campamentos de refuxiados saharauis en Tindouf (Alxeria) tras visitar o alcalde in situ o territorio a semana pasada e detectar esta necesidade urxente.

    Unha delegación do Fondo Galego presidida polo alcalde de Nigrán participa no Encontro de Gobernos Locais e Cooperación

    Unha delegación de concellos socios do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade liderada polo alcalde de Nigrán como presidente da entidade, atópase desde onte e ata mañá venres en Córdoba para participar no Encontro Estatal de Gobernos Locais e Cooperación Internacional, que busca poñer en valor a cooperación ao desenvolvemento impulsada polos municipios.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.