Tag: festas do monte
A Guarda suspende as celebracións tradicionais das Festas do Monte da Guarda debido á incidencia da crise sanitaria no municipio
A Subdelegación do Goberno vén de informar dos criterios de actuación e colaboración entre a Policía Local e a Garda Civil durante as Festas do Monte de A Guarda, tras a celebración dunha Xunta Local de Seguridade na que participaron representantes da corporación municipal, da policía local, da Garda Civil e da propia Subdelegación do Goberno co obxectivo de establecer os criterios de seguridade durante esta semana festiva.
Concello e comisión das Festas do Monte da Guarda reúnense cos representantes das Bandas Mariñeiras
O pasado xoves, 3 de xuño, reuníronse no salón de plenos do concello da Guarda, o alcalde, a concelleira de cultura, o concelleiro de festas e festexos populares, representantes das comisións das Festas do Monte e representantes das Bandas Mariñeiras.
A Guarda esixe á “rectificación e aclaratoria” sobre unha imaxe da festa do monte que ilustraba unha información sobre o botellón
O concello da Guarda, a través da Concellería de Turismo, Festas e Festexos que xestiona Rafael Álvarez, vén de esixir unha "rectificación e aclaratoria" á La Voz de Galicia trala publicación dunha imaxe de tres persoas, da banda máis antigua da Festa do Monte da Guarda, facendo o ritual da xura anual, para ilustrar dita información sobre as medidas que os concellos tiñan implementado para loitar contra o "temido botellón".
Este sábado as Festas do Monte estarán presentes na rede a través dun Magazine Especial
O Concello da Guarda, nunha decisión tomada en consenso coa Comisión de Festas e as Bandas Mariñeiras, decidiu suspender este ano as Festas do Monte ante a situación provocada pola pandemia do Covid-19 e, como xa se anunciou en datas pasadas, este ano non se realizarán verbenas, desfiles, romarías nin fogos artificiais, ante as medidas de seguridade hixiene e saúde pública decretadas.
Presentación do libro das Festas do Monte 2020
Como xa se anunciou en datas pasadas, este ano as Festas do Monte Santa Trega están suspendidas, non se realizarán verbenas, desfiles, romarías nin fogos artificiais, ante as medidas de seguridade hixiene e saúde pública decretadas
O Concello da Guarda suspende as Festas do Monte 2020
O concello da Guarda, de acordo coa comisión de festas e os responsables das bandas mariñeiras, anunciou a suspensión das festas do Monte 2020, o que inclúe as verbenas, o desfile e a romaría do domingo, poñendo como principal prioridade nestes momentos a saúde das persoas.
Indignación na Guarda pola descrición realizada no programa “El Hormiguero” das Festas do Monte
O alcalde da Guarda, Antonio Lomba, vén de remitir unha carta á dirección do programa “El Hormiguero” de Antena 3 despois do malestar e disconformidade postos de manifesto na emisión do pasado martes día 12 de maio de 2020, onde o colaborador habitual do programa “Marron”, fixo unas declaracións sobre as Festas do Monte Santa Trega que "en nada exemplifican a esencia das festas, identificando erroneamente as arraigadas tradicións das mesmas", explica o alcalde guardés.
O Concello da Guarda pide a colaboración cidadá para respectar o patrimonio do Monte Santa Trega
O Concello da Guarda vén de pedir a colaboración cidadá para que, con motivo das Festas do monte, veciñanza e visitantes "respecten as sinalizacións que delimitan os espazos protexidos dun elemento patrimonial tan importante para a nosa vila como o é o Monte Santa Trega, evitando o uso da zona arqueolóxica para o xantar, de xeito que non se produzan agresións que provoquen danos nas estruturas".