Luns, 20 Xaneiro de 2025

Éxito da XVI Festa do Tinto Rías Baixas nas Neves

Centos de persoas acudiron este martes á ‘XVI Festa do Tinto Rías Baixas’, nas Neves, para gozar dos viños de ducias de variedades da D.O., con especial presencia de tres adegas locais: Señorío de Rubiós, Viña Nora e Eido da Ponte.

Esta edición, acompañada por un día inmellorable,con sol e temperaturas de 25 graos logrou, como sinalara Rocío Barreriro, concelleira de Cultura, na súa presentación, que a cita tomase “corpo, como os bos tintos”, logo do golpe que supuxeran os longos meses de pandemia.

Maila que aínda é cedo para facer un balance, as primeiras estimacións da organización apuntan a que este ano houbo unha excelente asistencia, logo da pasada edición, que fora a do restablecemento da festa.

Os visitantes gozaron do viño, das propostas gastronómicas dos restaurantes, ‘foodtracks’, bares e postos instalados no centro das Neves, cunha ampla variedade de opcións, dende as hamburguesas, o choripán e a tortilla da Asociación Cultural San Nomedio; pasando polos pulpeiros; bocadillos de criollos ou panceta; callos; xamón; filloas, crepes e por suposto, o Requeixo con mel.

Entre a a oferta culinaria destacou a dos alumnas e alumnos de cociña do centro EFA A Cancela, que tiñan a disposición do público o seu pan de olivas e allo, os bocadillos elaborados con pan de tres cereais ou a insuperable empanada de ortigas con bacallau feita con masa de millo branco, todo con ingredientes e produtos da zona.

Actividades

Aínda que o ‘día forte’ da Festa era este 12 de outubro, as actividades xa se iniciaran o martes pola tarde, cunha sesión de música que alongouse ata entrada a noite.

O mércores, os máis madrugadores completaron, a pe, a ruta ‘Son de auga e viño’, polo vieiro dos Muíños do Xuliana e as adegas Señorío de Rubiós e Viña Nora. Xa de volta á Praza Maior das Neves, onde estaba situada a carpa da festa, o público asistiu ao Concerto da oral Ventos do Val de Petelos.

Este ano os pregoeiros foron Alejandra González e Antonio Méndez, exemplo de ‘Emprendedores da terra’, tema sobre o que tratou a súa intervención e do que os dous son bo exemplo, da enocultura o enoturismo, a recuperación da terra, volvendo a un cultivo tradicional e repectuoso co medio ambiente.

Neste sentido o alcalde, Xosé Manuel Rodríguez Méndez, lembrou a importancia do viño tinto como “o que consumiamos a diario nas casas” e a o traballo das adegas que “permiten recuperar o territorio, dan ocupación, xeran ingresos no rural e fan que a terra volva a ter un obxectivo económico”.