Tag: festa do requeixo e o mel
Luis López anima a participar na Festa do Requeixo e o Mel das Neves
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, animou a toda a cidadanía e ás persoas que visitan nesta Semana Santa a provincia a achegarse os vindeiros 30 e 31 de marzo ás Neves para desfrutar Festa do Requeixo e do Mel, que leva 31 anos celebrándose neste concello. “O requeixo e o mel das Neves son xa un emblema da nosa cultura e gastronomía. Dous produtos 100 % Rías Baixas que contribúen a facer da nosa provincia, como recoñece National Geographic, un dos cinco mellores destinos gastronómicos do país”, afirmou Luis López.
A XXX Feira do Requeixo e o Mel, a máis visitada da historia
Todas as racións de requeixo e mel vendidas, milleiros de visitantes o venres santo e o sábado, bares, restaurantes, cafeterías, postos de pulpeiros, foodstracks, postos ambulantes, terrazas e zonas de lecer ateigadas, momentos nos que non había sitio dentro da carpa, situada na Praza Maior, mesmo intres nos que non era posible camiñar polo casco urbán.
30 aniversario da Feira do Requeixo e do Mel das Neves
Trinta anos con historia, da que foron protagonistas todos os nevenses. Ese é o centro e o motivo deste 2023, e por iso, este ano, a presentación da 'Feira do Requeixo e do Mel' das Neves, estivo dirixida a eles.
A Feira do Requeixo e do Mel xa ten cartaz
A XXX Edición da Feira do Requeixo e do Mel das Neves xa ten cartaz. O xurado elixiu a obra da artista Sandra Táboas González, titulada 'As mulleres de sempre', como a imaxe da feira deste ano que se celebrará os vindeiros días 7 e 8 de abril.
Así serán as actividades da Feira do Requeixo e Mel das Neves
Este 2022, logo de dous anos sen celebrarse, As Neves recupera o ‘formato habitual’ da feira e organiza diferentes actos ao longo dos días previos.
A internacionalización da ‘XXIX Feira do Requeixo e o Mel’ das Neves
A Escola Profesional do Alto Miño Interior (EPRAMI) de Monção acolleu, onte sábado, a presentación oficial da que será a vixésimo novena edición da 'Feira do Requeixo e o Mel' das neves que se desenvolverá os días 11 e 12 de abril, e que contará cun amplo abano de actividades. O acto de presentación contou coa presenza do alcalde das Neves, Xosé Manuel Rodríguez Méndez; o vereador de Acción Social, Cultura e Turismo de Monção, João Oliveira; a concelleira de Cultura das Neves, Rocío Barreiro e o presidente da Cooperativa do Requeixo das Neves, Alejandro Martínez.