5.8 C
Pontevedra
Martes, 5 de Decembro de 2023
Máis

    Tag: faurecia

    Moción conxunta de apoio aos traballadores de Faurecia

    O Pleno de Mos aprobou onte por unanimidade a moción conxunta de toda a Corporación Municipal de apoio a Madera Fiber Technologies (antiga Faurecia Interior System) ante a presenza, no Pazo de Mos, dun grupo de traballadores afectados que, a través dunha representante dos mesmos, Marta Méndez Senlle, fixo lectura da devandita moción que se someteu a votación.

    Mos manifesta o seu apoio aos traballadores de Faurecia

    A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, reuniuse no salón de sesións do Concello co Comité de Empresa de Madera Fiber Technologies (ex Faurecia Interior Systems), a solicitude dos traballadores e co obxectivo de manifestarlles o apoio da administración local mosense na problemática laboral que comezou no 2021 e vénse agravando desde principios do presente ano 2023.

    O alcalde traslada o apoio do Concello do Porriño aos traballadores de Faurecia

    O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, trasladou ao Comité de empresa de Madera Fiber Technologies (antiga Faurecia Interior Systems) o respaldo da corporación local do Porriño ás súas reivindicacións ante o desmantelamento que está a sufrir a empresa.

    LIBROS

    Amador Castro Moure, «Pronto hei de volver»

    A emigración, como non podía ser doutra maneira, é un deses temas aos que a literatura galega volve unha e outra vez. Dende distintas perspectivas e con diferentes enfoques e intencións, forma parte troncal do noso sistema literario dende o momento en que comezou a tomar forma.

    Xosé M. Eyré, «Ou as dúas estaredes mortas»

    Moito temos falado neste mesmo espazo dos cada vez máis difusos lindes entre xéneros literarios; de como novela e relato –tamén a poesía ou o teatro– semellan lidar pola posesión de espazos que tradicionalmente lles eran alleos e que pretenden converter en propios, alimentando así unha fusión que, no fondo, non deixa de ser a procura de novas vías de expresión aínda non transitadas.

    Raquel Castro, «Sobremesas sobre versos»

    Dende fai xa varios anos, Raquel Castro é unha das habituais na literatura infantil galega, pero a maioría dos seus traballos publicados enfocábanse cara ao mundo do teatro para nenos, onde deixou pezas de excelente facturación.