12.4 C
Pontevedra
Venres, 24 de Marzo de 2023
Máis
    HomeBaixo MiñoTomiñoTomiño participou, compartindo a súa experiencia transnacional con Cerveira, nas xornadas “TecEuropa...

    Tomiño participou, compartindo a súa experiencia transnacional con Cerveira, nas xornadas “TecEuropa Local” da Fundación Galicia Europa

    Un técnico especialista en proxectos europeos participou nunha das sesións para compartir a experiencia de cooperación transnacional da Eurocidade Cerveira-Tomiño

    O Concello de Tomiño participou na XI edición das xornadas TecEuropa Local, destinada ás entidades locais galegas e organizadas pola Fundación Galicia-Europa, coa colaboración da Xunta de Galicia e o Xacobeo 2021.

    Este ano, coma xa sucedera o anterior, por mor da Covid-19, TecEuropa celebrou a súa undécima edición enteiramente en streaming, entre o 4 e o 12 de marzo.

    A directora da oficina en Bruxelas da Fundación Galicia Europa, Ana Ramos, inaugurou as xornadas destinadas, nesta ocasión, ás entidades locais galegas.

    Diante dun amplo grupo de máis de noventa participantes provenientes do catro deputacións galegas e de máis de medio centenar concellos, Ramos, animoulles a sacar o máximo partido desta actividade formativa para contribuír á xestión eficiente dos fondos de recuperación europeos na comunidade galega, agradecendo ademais a implicación de todos os niveis de goberno das administracións públicas; “algo fundamental para construír o ambicioso futuro verde e dixital proposto pola Unión”.

    Ao longo de 5 xornadas, os asistentes abordaron, da man de especialistas comunitarios e de representantes da Comisión Europea, o período financeiro 21-27 e o instrumento temporal de recuperación “Next Generation UE” desde unha perspectiva local.

    Nunha das sesións organizadas, participou (entre outros) o técnico Xabier Macías, especialista en proxectos europeos, para compartir a experiencia de cooperación transnacional da Eurocidade Cerveira-Tomiño durante os últimos anos. Analizando a experiencia de xestión do proxecto POCTEP de cooperación transfronteiriza da Eurocidade Cerveira-Tomiño entre 2018 e 2020, Macías destacou “a calidade da alianza que sustenta o proxecto, baseada tanto na confianza, vontade política e estratexia compartidas como na capacidade de traballo conxunto dos socios do proxecto”.

    Entre os resultados do mesmo, destacan iniciativas para a promoción da participación pública; para a mellora da oferta e da xestión de servizos compartidos e para a dinamización da economía local. O técnico salientou proxectos de envergadura coma o Orzamento Participativo Transfronteirizo (OPT) ou a creación da figura pioneira das Valedoras Transfronteirizas.

    COLABORACIÓNS

    Miguel Sande, «Brinde e desespero»

    Miguel Sande está a presentar o seu novo poemario, «Brinde e desespero», co que recentemente acadou o XXV Premio Johan Carballeira. Xa falamos noutras ocasións neste mesmo espazo de como se están a diluír a cotío as xa febles liñas que separan os distintos xéneros literarios. «Brinde e desespero» é unha proba máis pois, a pesar da súa inequívoca cadencia lírica, Sande xoga a brincar con habilidade sobre as lindes da poesía para adentrarse no terreo da narrativa e darlle forma a unha prosa poética ben particular.

    Arantza Portabales, «O home que matou a Antía Morgade»

    Abad e Barroso chegaron un día para quedar, para alternar con Leo Caldas, Frank Soutelo e algúns dos outros detectives de referencia da literatura galega dos últimos anos.

    “Nigeria 70”, una trilogía para escuchar

    El Sello inglés Strut nace a finales de los 90. En el año 2008 es adquirido por el Sello !K7 Music, con sede en Berlín, Londres y Nueva York. Strut tiene como misión desenterrar las joyas perdidas del pasado de la música de baile.

    Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá»

    Realidade e ficción conflúen na última proposta narrativa de Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá», na que presenta o que poderiamos considerar unha dupla biografía novelada.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    81 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    41 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    6 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS