Tag: eu rural
Eu Rural súmase á campaña ‘O rural contra a violencia de xénero’ cunha andaina o vindeiro 13 de novembro
Eu Rural súmase á campaña ‘O rural contra a violencia de xénero’ coordinada pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural co gallo do Día Mundial da eliminación da violencia contra a muller o vindeiro 25 de novembro.
Eu Rural pon en marcha o Foro da Muller Rural Galega en Tui
Ceder ás mulleres o protagonismo e poñer en valor e destacar iniciativas que apostan polo rural. Ese é o obxectivo do I Foro da Muller Rural Galega, posto en marcha pola Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eu Rural, que este venres 15 celebra a súa primeira edición ao abeiro da conmemoración do Día Internacional das Mulleres Rurais en colaboración co Concello de Tui.
Tres novas actividades formativas gratuítas na cuarta edición do programa ‘Coas mans na masa’
A Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eurural pon en marcha unha nova edición do programa ‘Coas mans na masa’, un itinerario formativo organizado ao abeiro da Escola Eurural que ten por obxectivo achegar valor engadido a produtos do sector primario a través da transformación da abundante materia prima do territorio en produtos de gran calidade e á súa conservación para a posterior comercialización.
Os concellos do Grupo de Desenvolvemento Eu Rural únense para conmemorar o 8M
Os 13 concellos que forman parte do territorio da Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eu Rural únense este mes de marzo pola igualdade. Con motivo da celebración do 8M, Día Internacional da Muller, o grupo de desenvolvemento rural porá en marcha unha campaña a través da súa web e das redes sociais coa que continuar dando pasos cara a visibilización da muller e na loita contra a desigualdade de oportunidades por cuestións de xénero.
O Mercado de Tomiño acolleu hoxe a presentación de ‘Parte de ti’ campaña de apoio ao rural
O Mercado de Tomiño acolleu, na mañá de hoxe, a presentación de 'Parte de Ti', uha campaña de sensiblización para poñer en valor o produto local. O acto foi presentado pola alcaldesa de Tomiño e presidenta do GDR, Sandra González.
Gondomar acolle a presentación de seis novas actividades de «Coas mans na masa»
A Escola Eu Rural vén de presentar a terceira edición do programa ‘Coas mans na masa’, un itinerario formativo que busca engadir valor no mercado aos produtos do sector primario a través da transformación da abundante materia prima da contorna en produtos de gran calidade e da súa conservación para a posterior comercialización.