10.2 C
Pontevedra
Venres, 29 de Marzo de 2024
Máis

    Tag: enoturismo

    Arbo celebra o Día Mundial do Enoturismo

    O vindeiro domingo, 12 de novembro, celébrase o Día Mundial do Enoturismo, unha ocasión ideal para que os amantes do viño visiten o Centro de Interpretación do Viño e a Lamprea "Museo Arabo".

    A Deputación súmase ao Día Mundial do Enoturismo cunha cata no Castelo de Soutomaior

    A Deputación de Pontevedra sumarase este domingo 12 de novembro xunto á Ruta do Viño Rías Baixas ás celebracións do Día Mundial do Enoturismo coa novena edición da Cata Amateur no Castelo de Soutomaior, aberta ao público e para a que xa están á venda as entradas na web do castelo (www.castelodesoutomaior.com).

    A Deputación e a Ruta do Viño Rías Baixas redobran a súa estratexia conxunta con tres novos proxectos

    A Deputación de Pontevedra e a Ruta do Viño Rías Baixas estreitaron aínda máis a súa relación de traballo conxunto e a súa vontade de colaboración para a posta en valor do potencial enoturístico da provincia e da propia Ruta.

    A Deputación abre o venres o prazo de inscrición para participar nunha cata e degustación sensorial

    A Deputación abre este venres, 5 de novembro, o prazo de inscrición para participar na cata e degustación sensorial que organiza con motivo do Día Europeo do Enoturismo xunto á Ruta do Viño e en colaboración con Anfaco.

    Arbo, viño e adegas

    O municipio de Arbo é o prototipo de zona que conta cun microclima propio. A influencia atlántica da que gozan estas terras, con temperaturas suaves e precipitacións abundantes, permítelle dispoñer das horas de sol necesarias para que as uvas alcancen o seu punto exacto de madurez.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.