Tag: ela
O Grupo Socialista dotar a pacientes efectados de ELA de dispositivos que lles permitan comunicarse, “é unha necesidade vital urxente”
A portavoz de Política Social do Grupo Socialista, Marina Ortega, vén de urxir á Xunta, a través dunha batería de iniciativas presentadas no Parlamento, a dotar aos pacientes con ELA de lectores oculares, brazos articulados e tablets que lles permitan comunicarse. Ortega lamentou que, pese a orde ministerial de incluílos na atención especializada, o goberno galego “segue sen actualizar a súa carteira de servizos case un ano e medio despois da entrada en vigor da orde”.
Baiona súmase á campaña #LuzpolaELA e tinguirá de verde a Casa do Concello para visibilizar a enfermidade
O sábado 20 e o domingo 21, a Casa do Concello de Baiona cambiará a súa habitual iluminación para tinguirse de verde co obxectivo de facer visible a enfermidade da ELA (Esclerose Lateral Amiotrófica) e e apoiar ás persoas enfermas para concienciar á sociedade sobre as dificultades coas que se atopan no día a día.
Tomiño vístese de solidariedade coa «Gala Solidaria pola ELA»
O vindeiro domingo, 27 de outubro, no Auditorio de Goián ás 17:30 horas, terá lugar a Gala Solidaria pola ELA (Esclerose Lateral Amiotrófica), organizada pola Asociación Agaela, coa colaboración do Concello de Tomiño, a Deputación de Pontevedra e comercios locais.