20.5 C
Pontevedra
Mércores, 9 de Outubro de 2024
Máis

    Tag: depoaventura

    Novena quenda dos campamentos na Lanzada de “Depo Aventura”

    140 cativos de 30 concellos da provincia participarán desde este domingo 20 de agosto nos campamentos “Depo Aventura” da Deputación de Pontevedra na Lanzada (O Grove).

    Chega a segunda queda de “Depo Aventura”

    Este domingo, 2 de xullo, arranca a segunda das once quendas dos campamentos de “Depo Aventura” na Lanzada, na que participarán 140 nenos de 32 concellos da provincia que ao longo de sete días desenvolverán múltiples actividades lúdicas e formativas para o seu enriquecemento persoal e tamén de coñecemento de lugares fóra da contorna habitual.

    Adxudicadas as prazas dos campamentos de verán “Depo Aventura 2023”

    A Deputación de Pontevedra vén de adxudicar as 1.540 prazas dos campamentos de Depo Aventura 2023 que se desenvolverán nas instalacións da Lanzada entre o vindeiro 25 de xuño e o 9 de setembro e para os que houbo unha espectacular acollida.

    A Deputación abre a inscrición nos campamentos “Depoaventura”

    Trala publicación este luns 21 das bases no Boletín Oficial da Provincia, mañá martes 22 ábrese o prazo de inscrición para os campamentos da Deputación no Centro de Vacacións da Lanzada.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.