20.5 C
Pontevedra
Mércores, 9 de Outubro de 2024
Máis

    Tag: consello veciñal

    O consello veciñal de Salceda avanza coa constitución da mesa sectorial de Educación, Mocidade, Infancia e Saúde e o consello do Deporte

    O pasado xoves 7 de abril celebrouse a primeira mesa sectorial de Educación, Mocidade, Infancia e Saúde e o primeiro consello do Deporte aos que acudiron as asociacións, colectivos e clubs dos respectivos eidos.

    O Consello Veciñal de Salceda comeza a súa andaina con 44 colectivos

    Na última sesión plenaria do ano aprobouse por unanimidade a creación de cinco consellos sectoriais, despois de acordalo na sesión constitutiva do consello veciñal do pasado 16 de decembro.

    O Consello Veciñal de Salceda contará coa representación de todos os sectores

    Este xoves celebrouse a reunión de organización do Consello de Participación Veciñal de Salceda de Caselas, presidido pola alcaldesa Verónica Tourón.

    Salceda de Caselas xa conta un Regulamento de Participación Veciñal

    O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publicou a aprobación definitiva do regulamento de participación veciñal do Concello de Salceda de Caselas, que entrou polo tanto en vigor, e que será o primeiro regulamento de participación cidadá do Concello de Salceda.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.