8.3 C
Pontevedra
Xoves, 28 de Marzo de 2024
Máis

    Tag: comercio online

    A plataforma de venda online ‘De Barrio’ bota a andar en Salceda con vinte e tres negocios locais adheridos

    A plataforma 'De barrio' bota a andar tamén no Concello de Salceda con 23 comercios inicialmente, que se prevé sexan máis nos vindeiros días. O Concello colabora deste xeito co sector do comercio, asumindo os custos das altas no servizo e de mantemento neste primeiro ano.

    Máis de 30 establecementos de Salvaterra adheriranse á plataforma de venda online DBarrio

    Na tarde de onte a Alcaldesa de Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel Gómez, mantivo unha reunión cos presidentes das Asociacións de Comerciantes do municipio e o representante da plataforma de venta online a domicilio DBARRIO, co fin de definir os pasos e as fases para por en marcha esta plataforma, unha vez feita a primeira ronda de contacto co comercio local.

    A Deputación lanza a primeira aceleradora para o comercio cara a súa adaptación tecnolóxica como freo á crise da COVID-19

    Impulsar a reactivación do tecido comercial da provincia trala crise sanitaria causada pola Covid19 é o obxectivo da nova aceleradora destinada ao comercio que a Deputación de Pontevedra pon en marcha desde este próximo luns mediante a transformación dixital de pequenas e medianas empresas a través do seu programa de fomento da innovación tecnolóxica empresarial SmartPeme.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.