Tag: colexio
Vilasobroso lanza unha campaña de doazóns para restaurar o colexio de Valiño
A Entidade Local de Vilasobroso logrou unha subvención de fondos Europeos xestionada polo IDAE para a restauración do antigo grupo escolar de Valiño. Unha demanda histórica da veciñanza dado o estado calamitoso desde que deixou de ser unha escola unitaria xestionada pola Xunta de Galicia vai máis de 10 anos.
Nigrán constrúe unha cociña no CEIP Humberto Juanes
O Concello de Nigrán iniciou hai tres semanas a través da empresa adxudicataria Construcciones Castro as obras para dotar ao CEIP Humberto Juanes dunha cociña industrial con capacidade para fornecer de menús a todos os centros públicos do municipio que actualmente empregan o sistema de catering da Xunta de Galicia.
Segunda fase de renovación da carpintería exterior no Colexio de Atín
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Educación mosense, Julia Loureiro, informaron hoxe de que se atopa prácticamente rematada a segunda fase da mellora do Colexio de Atín para optimizar o illamento térmico do centro.