Tag: cee juan maría
Nigrán acondiciona a pista deportiva do CEE Juan María coa colaboración dunha empresa local
O Concello de Nigrán ven de acondicionar a pista deportiva do Centro de Educación Especial Juan María coa colaboración de Hormigones Valle Miñor, compartindo ambos a partes iguais os 8.000 € de investimento total. Esta unión público-privada permitíu mudar sen custe algún para o centro a superficie de aglomerado asfáltico existente, totalmente deteriorada polo paso do tempo.
O Concello de Nigrán subvenciona un campamento dirixido a unha ducia de persoas que sufran algún tipo de discapacidade intelectual
O Concello de Nigrán e o centro Juan María veñen de asinar un convenio para financiar o proxecto 'Lecer para todos 2020' (campamento urbano) por importe de 2.500 €, aumentando así nun 250% a habitual aportación económica, que nesta ocasión foi incluída no Orzamento 2020 como partida específica a tal fin. Así, durante as tres primeiras semanas do mes de agosto, unha ducia de persoas con discapacidade intelectual beneficiaranse deste programa de actividades de lecer e tempo libre en horario de 10:00 h a 14:00 horas de luns a venres.