15.2 C
Pontevedra
Mércores, 29 de Novembro de 2023
Máis
    HomeVal MiñorNigránO Concello de Nigrán subvenciona un campamento dirixido a unha ducia de...

    O Concello de Nigrán subvenciona un campamento dirixido a unha ducia de persoas que sufran algún tipo de discapacidade intelectual

    Este correrá a cargo do CEE Juan María e desenvolverase en quendas semanais do 3 ao 21 de agosto. A necesidade desta alternativa de ocio é maior este ano para familias e usuarios ao carecer de calquera servizo ou actividade desde marzo

    O Concello de Nigrán e o centro Juan María veñen de asinar un convenio para financiar o proxecto ‘Lecer para todos 2020’ (campamento urbano) por importe de 2.500 €, aumentando así nun 250% a habitual aportación económica, que nesta ocasión foi incluída no Orzamento 2020 como partida específica a tal fin. Así, durante as tres primeiras semanas do mes de agosto,  unha ducia de persoas con discapacidade intelectual beneficiaranse deste programa de actividades  de lecer e tempo libre en horario de 10:00  h a 14:00  horas de luns a venres.

    Tal e como sinalan no propio CEE Juan María, debido a crise sanitaria a necesidade desta alternativa de ocio aumenta considerablemente porque as persoas con discapacidade e as súas familias levan desde marzo sen poder acceder a ningún servizo ou actividade. Así que o obxectivo é ofrecer un servizo de apoio ás familias/coidadores que favorezan a conciliación e, ao mesmo tempo, ofrecer ao usuario unha ferramenta que favoreza o desenvolvemento persoal e a participación na vida social.

    Para este campamento será preciso a contratación de sete persoas cualificadas que, ante a alarma sanitaria do  COVID-19, distribuirán aos participantes en tres grupos de 4 persoas que se xestionarán de forma  autónoma sen contacto co resto para minimizar calquera posible transmisión.

    O campamento incluirá actividades tales como saídas á praia, roteiros de sendeirismo, visitas culturais ou obradoiros.

    LIBROS

    Xosé M. Eyré, «Ou as dúas estaredes mortas»

    Moito temos falado neste mesmo espazo dos cada vez máis difusos lindes entre xéneros literarios; de como novela e relato –tamén a poesía ou o teatro– semellan lidar pola posesión de espazos que tradicionalmente lles eran alleos e que pretenden converter en propios, alimentando así unha fusión que, no fondo, non deixa de ser a procura de novas vías de expresión aínda non transitadas.

    Raquel Castro, «Sobremesas sobre versos»

    Dende fai xa varios anos, Raquel Castro é unha das habituais na literatura infantil galega, pero a maioría dos seus traballos publicados enfocábanse cara ao mundo do teatro para nenos, onde deixou pezas de excelente facturación.

    Domingo Villar, «Síbaris»

    A morte prematura de Domingo Villar foi un duro mazazo para os amantes da literatura galega, iso é algo sobre o que coido que existe consenso a estas alturas.