11.8 C
Pontevedra
Mércores, 1 de Maio de 2024
Máis

    Tag: cdl o torrón

    O CDL O Torrón de Salceda terá unha nova cuberta

    Nestes días darán comezo en Salceda as obras de cambio de tella do CDL O Torrón, en Entenza. Un centro dedicado á promoción económica, emprego e formación.

    Salceda solicita á Xunta de Galicia un Plan de Emprego que beneficiará a 100 persoas desempregadas

    O Concello de Salceda de Caselas ven de solicitar unha subvención de 250.000 € á Xunta de Galicia para poñer en práctica un Programa Integrado de Emprego que beneficiaría a 100 persoas desempregadas do municipio. A alcaldesa accidental e concelleira de Emprego e Formación, Verónica Tourón expresou a súa...

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.