16 C
Pontevedra
Xoves, 25 de Abril de 2024
Máis
    HomeLouriñaSalceda de CaselasO CDL O Torrón de Salceda terá unha nova cuberta

    O CDL O Torrón de Salceda terá unha nova cuberta

    Nestes días darán comezo en Salceda as obras de cambio de tella do CDL O Torrón, en Entenza. Un centro dedicado á promoción económica,  emprego e formación.

    Os traballos consisten na desmontaxe da tella cerámica, cumbreiras, limas, brocas, e demais puntos singulares da cuberta. A nova cuberta será de tella cerámica curva envellecida 40×15 cm., en dúas fases. Instalarase tamén un sistema de recollida de augas pluviais nos beirados da cuberta.

    O proxecto ascende a 39.984 euros máis IVE que asumirá o concello con fondos propios, con cargo ao orzamento municipal, dentro do plan de mantemento e conservación de edificios municipais.

    Próximamente tamén se farán investimentos nos sistemas informáticos do centro coa montaxe dun servidor.

    Esta obra de mellora súmase á instalación do sistema de climatización en todas as estancias do centro, que na actualidade conta con distintas aulas: unha polivalente, aula de informática, aula de cociña e de ebanistería. Ademais de despachos de emprendedores/as, salas de xuntas e salón de actos. Este centro acolle ademais o servizo de orientación laboral, con dúas persoas e un técnico de emprego. Ao longo destes últimos tempos desenvolvéronse varios cursos de formación como atención sociosanitaria ou operario/a de automoción, ademais dun programa integrado de emprego con 100 persoas desempregadas e cursos de formación da Aula Mentor.

    Verónica Tourón, alcaldesa e responsable da área de emprego e formación, “estamos a facer investimentos importantes neste centro de desenvolvemento local que acolle o servizo municipal de promoción económica que xa é referente na comarca. Un servizo prioritario que atende máis de 2000 consultas anuais”.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.