Tag: bosques terapéuticos
Esgotadas as prazas para os últimos “Bosques terapéuticos”
Novo cheo de solicitudes para as rutas de “Bosques Terapéuticos” que ofrece a Deputación de Pontevedra para o mes de setembro. As 200 prazas dispoñibles para os oito percorridos ofertados, quedaron esgotadas en cuestión de horas con centos de persoas na lista de agarda.
A Deputación abre hoxe o prazo para novas rutas dos ‘Bosques terapéuticos’
A partir deste luns 20 de xuño as persoas interesadas poden xa inscribirse nas dez rutas do programa provincial “Bosques Terapéuticos” previstas para o vindeiro mes de xullo.
Esgotadas en media hora as prazas para a nova ruta polos “Bosques Terapéuticos”
A ruta para desfrutar dos baños de bosque na Illa de Tambo o 18 de xuño ten sido a primeira en cubrir as súas prazas na nova e terceira edición do programa “Bosques Terapéuticos” da Deputación de Pontevedra.
O programa “bosques terapéuticos” ofrecerá 38 rutas desde o 4 de xuño
Volven, por terceiro ano consecutivo, os “baños de bosque” por espazos naturais da provincia, o programa que ofrece a Deputación de Pontevedra como experiencia terapéutica, de lecer e cultural para os meses de verán.
Desde hoxe están abertas as inscricións para os “Bosques Terapéuticos” e a “DepoAndaina”
A Deputación de Pontevedra seguirá a desenvolver no vindeiro mes de setembro un amplo programa de actividades ao aire libre para fomentar hábitos saudables entre a cidadanía e promover ao mesmo tempo o desfrute dos espazos naturais da contorna da provincia.
Esgotadas as prazas dos “Bosques terapéuticos” para agosto
Mergullarse na natureza da provincia segue a ser unha das opcións de ocio e turismo máis demandadas. Tantas son as ganas de todas e todos por sentir as fragas de Pontevedra provincia que o programa da Deputación “Bosques terapéuticos” xa ten esgotadas as 195 prazas que ofrecía no mes de agosto.
A Deputación abre o prazo de inscrición para as rutas de bosques terapéuticos e unha nova DepoAndaina
Tras o éxito que acadou a primeira DepoAndaina de este verán, que percorreu esta fin de semana a Vía Verde dos concellos de Caldas, Portas e Vilagarcía, a Deputación de Pontevedra abriu este luns o prazo para inscribirse nunha nova ruta que se adentrará nos Muíños de Golfaríz, no concello da Estrada, o domingo 1 de agosto.
A Deputación abre a inscrición para as rutas dos bosques terapéuticos do mes de xullo
Trala súa excepcional acollida durante este mes de xuño, a Deputación de Pontevedra abre este luns 21 de xuño o prazo de inscrición para as catorce rutas do programa Bosques Terapéuticos que se desenvolverán no mes de xullo por nove espazos naturais da provincia.
Novas prazas para desfrutar dos “Bosques Terapéuticos” da Deputación
Con todas as prazas esgotadas, os esperados baños de bosques da Deputación de Pontevedra chegan este sábado ao Espazo Natural Arco da Vella en Vigo cunha espectacular ruta que discorrerá á beira do río Eifonso, situado na parroquia de Bembrive.
Excepcional acollida aos “Bosques Terapéuticos” que xa esgotaron as prazas
As rutas guiadas polos “Bosques Terapéuticos” da provincia, que organiza a Deputación de Pontevedra, volven con forza esta vindeira fin de semana e coa mesma excepcional acollida que na súa primeira edición.
Os ‘baños’ dos Bosques Terapéuticos da Deputación arrasan cunha “satisfacción total” por parte dos asistentes
Os baños de bosque do programa “Bosques terapéuticos”, a iniciativa sostible e medioambiental que puxo en marcha este ano a Deputación de Pontevedra por diferentes espazos naturais da provincia, conseguiu un éxito absoluto tralo estudo realizado entre as persoas participantes no programa. Deste xeito, na enquisa remitida ás e aos participantes o 80% valorou a actividade cun 10 sobre 10 e fixeron fincapé na súa “satisfacción total” coa iniciativa provincial.
Remata o programa ‘Bosques terapéuticos’ da Deputación no que participaron 450 persoas
Cunha participación de 450 persoas, cubrindo a totalidade das trinta actividades propostas, rematou este pasado domingo o exitoso programa “Bosques terapéuticos” da Deputación de Pontevedra que percorreu entre o 18 de xullo e o 27 de setembro os parques forestais de Freaza (Fornelos), A Picaraña (Pontearas), Cabo Udra (Bueu), Camposancos (A Guarda) e a Costa de Oia e a Serra da Groba (Oia).
A Deputación apraza a primeira das rutas ‘Os viñedos do Castelo’ e ‘Bosques terapéuticos’ do xoves polas malas previsións meteorolóxicas
A Deputación de Pontevedra decidiu aprazar a primeira das rutas 'Os Viñedos do Castelo', así como a visita dos 'Bosques Terapéuticos' programada pola contorna de Cabo Udra, ámbalas dúas previstas para mañá, xoves 20 de agosto, polas malas previsións meteorolóxicas. No caso da ruta polos viñedos do Castelo de Soutomaior, adiouse para o día 26 de agosto, mentres que a sesión dos 'Bosques Terapéuticos' en Cabo Udra terá lugar en setembro, e a data exacta anunciarase proximamente.
Fin de semana de Natureza cos ‘Bosques terapéuticos’ da man da Deputación
A Deputación de Pontevedra levará esta fin de semana ata Oia e Fornelos de Montes dúas actividades que combinan sendeirismo e contacto co medio natural. Así, os “baños de bosque” serán protagonistas da ruta do programa medioambiental “Bosques terapéuticos”, cun percorrido mañá sábado, 15 de agosto, pola costa de Oia e a Serra da Groba. O domingo, pola súa banda, terá lugar un percorrido a través da zona de Freaza, no concello de Fornelos de Montes.
Fin de semana de sendeirismo e natureza cos ‘Bosques terapéuticos’ e a primeira ‘Depoandaina’
A Deputación de Pontevedra levará esta fin de semana ata Ponteareas e Moaña dúas actividades que combinan sendeirismo e contacto co medio natural. Así, os “baños de bosque” serán protagonistas da oitava ruta do programa medioambiental “Bosques terapéuticos”, cun percorrido mañá sábado, 8 de agosto, pola Picaraña (Ponteareas).