19.5 C
Pontevedra
Domingo, 13 de Outubro de 2024
Máis

    Tag: bo goberno

    O goberno ponteareán comeza o proceso de participación para analizar o ‘botellón’

    O goberno local puxo en marcha esta semana o proceso de participación dentro do seu plan de análise e medidas respecto ao fenómeno do botellón. Celebraranse un total de once encontros ou reunións sectoriais. Nesta primeira semana reuniranse mesas de carácter interno municipal, comezando por un encontro con toda a plantilla da Policía Local para tratar a problemática desde a perspectiva da seguridade cidadán, convivencia e seguridade vial.

    Ponteareas crea unha comisión interdisciplinar para dar solución ao “problema complexo” do botellón

    O goberno municipal de Ponteareas constituíu unha comisión de estudo e de traballo sobre o fenómeno do botellón. Dita comisión, presidida polo Alcalde, está formada polas concellerías con competencias na materia, Bo Goberno como área encargada de convivencia cidadá, Mocidade, Igualdade e Educación e Saúde.

    Ponteareas limita o horario dun concerto no Paseo Matutino atendendo ás queixas veciñais

    Logo de anunciar a posta en marcha dun Plan de Convivencia e Civismo en Ponteareas, o concelleiro de Bo Goberno, Roberto Mera, adoptou unha primeira medida dirixida a conciliar o dereito ao ocio e o dereito ao descanso da veciñanza. O pasado 2 de xullo a Federación de Comercio e...

    Ponteareas mellora o procedemento para autorizar espectáculos públicos

    O concelleiro de Bo Goberno, Transparencia e Participación Cidadá, Roberto Mera, manterá un encontro con colectivos sociais e hosteleiros que promoven a celebración de espectáculos públicos. O obxecto desta reunión –que terá lugar o vindeiro martes ás 20:30 h, na sala multiusos do Auditorio Reveriano Soutullo–, é informar sobre...

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.