21.2 C
Pontevedra
Sábado, 3 de Xuño de 2023
Máis
    HomeO CondadoPonteareasPonteareas crea unha comisión interdisciplinar para dar solución ao "problema complexo" do...

    Ponteareas crea unha comisión interdisciplinar para dar solución ao “problema complexo” do botellón

    O goberno municipal de Ponteareas constituíu unha comisión de estudo e de traballo sobre o fenómeno do botellón. Dita comisión, presidida polo Alcalde, está formada polas concellerías con competencias na materia, Bo Goberno como área encargada de convivencia cidadá, Mocidade, Igualdade e Educación e Saúde.

    Na primeira reunión da comisión, analizouse un informe provisional elaborado pola área de Bo Goberno que dirixe Roberto Mera, no que se analiza o botellón en Ponteareas, as súas dimensións, as problemáticas que xenera e as causas do fenómeno e factores que inciden nel. Tamén se estableceu a metodoloxía de traballo da comisión para obter conclusións e contar cun plan de actuacións no prazo aproximado de dous meses.

    Mera, xunto co edil de Mocidade, Miguel Bouzó, e a de Deportes, Nahir Covelo, acompañaron na madrugada do pasado sábado a un grupo de veciños afectados polo botellón e os ruidos nocturnos no entorno da Feira Vella para coñecer in situ a problemática.

    O edil de Mocidade, Miguel Bouzó, sinalou que “non se pode criminalizar á mocidade no seu conxunto” e salientou que os comportamentos incívicos son minoritarios entre a mocidade.

    “Duns 3.400 habitantes entre 15 e 30 anos que residen en Ponteareas, só varios centos toman parte no botellón, menos dun 10 %, e a maioría dos que participan nel non teñen condutas incívicas. Estamos diante de comportamentos moi minoritarios pero que causan problemas a moita xente”.

    Roberto Mera sinalou que “o problema é complexo e para arranxalo teremos que poñer en marcha medidas educativas e de concienciación, dar outras alternativas de ocio e, en determinadas situacións, adoptar medidas punitivas”. O edil explicou que “non hai percepción de risco para a saúde no consumo desmedido de alcohol e hai pais e nais de menores que descoñecen o problema e outros que se desentenden. E respecto ao incivismo existe unha falta de empatía cara a xente que quere descansar e unha sensación de impunidade e ausencia de reproche social, legal e familiar desas condutas”.

    Segundo Mera “detrás do incivismo, do consumo esaxerado de alcohol, do vandalismo ou da condución temeraria hai un problema educacional. Non podemos simplemente preocuparnos de que se ensuxen os portais con vómitos, tamén debe preocuparnos que rapaces e rapazas de 16 anos anden vomitando por inxesta de alcohol”.

    A comisión porá en marcha de inmediato un calendario de encontros e reunións con profesionais do centro de saúde, dos centros de ensino, da Policía Local, dos servizos sociais e de igualdade do Concello, coa mocidade que participa no botellón así como cos afectados por este. Ademais analizaranse as solucións dadas noutras cidades e concellos a esta problemática e o seu resultado.

    Mentres a comisión realiza o seu traballo, adoptaranse algunhas medidas inmediatas e provisionais para atenuar os efectos negativos do botellón en materia de convivencia como a intervención de voluntariado xuvenil dentro do propio botellón para labores de concienciación cívica e o apoio da Policía Local para os casos minoritarios pero graves de incivismo.

    COLABORACIÓNS

    Aperitivos de hojaldre sin gluten

    Mayo es el mes de las personas celíacas. El día 16 se celebró el Día Internacional de la Enfermedad Celíaca y hasta este año, el 27 de mayo se celebraba en España el Día Nacional (este año nos unimos al resto de los países y lo celebramos el día 16).

    Ponteareas diante das eleccións (II): a Xeración do cambio, un recordo para que a Historia non se repita

    “De onde vimos? quen somos? onde imos?”. O título do cadro de Paul Gauguin e a letra da coñecida canción de Siniestro Total son interrogantes filosóficos que, aplicados ao mundano proceso electoral no que estamos inmersos, serven para lembrarnos que os procesos histórico-políticos son dinámicos e, polo tanto, teñen unha xénese no pasado que explica un presente que, á súa vez, condicionará o futuro decorrer dos acontecementos. A recente historia de Ponteareas non é unha excepción e, a poucos días das eleccións municipais, convén lembrala para non estar condenados a repetila.

    Ponteareas diante das eleccións (I): David contra Goliat e a utopía feita realidade

    Botando unha ollada atrás un non pode deixar de sorprenderse da rapidez coa que transcorre o tempo e a vida. Unha velocidade vertixinosa que tamén acompaña aos acontecementos e procesos sociais e políticos e que explica a facilidade coa que a sociedade pode esquecer tan axiña o seu pasado e, sobre todo, en política, ignorar de onde vimos, onde estamos e cara onde nos diriximos. Esquecemento dos que viviron eses procesos, mais tamén descoñecemento comprensíbel por razóns biolóxicas e xeracionais dos que daquela non naceran ou eran uns cativos.

    “The Last Of Us”

    Hace unos días, terminé de ver la primera temporada de la serie "The Last Of Us", una serie basada en la historia de un videojuego inspirado en un mundo apocalíptico.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    83 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    42 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    8 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS