14.6 C
Pontevedra
Xoves, 25 de Abril de 2024
Máis

    Tag: abel caballero

    Manifesto Miñor lamenta o acordo entre Ministerio de Facenda e FEMP “para sustraer aos concellos o remanente municipal”

    Manifesto Miñor cualificou onte de "novo despropósito" a medida impulsada pola FEMP –presidida polo alcalde de Vigo, Abel Caballero– e o Goberno Central, que ao entender da formación asemblearia “requisan” os remanentes e os excentes orzamentares dos municipios e adíase o seu cobro íntegro até 2040 e "que xa...

    Carmela Silva recolle no Senado o recoñecemento ás Deputacións no marco dos 40 anos de democracia local

    A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, xunto ao presidente da Deputación de Segovia, Miguel Ángel de Vicente, representou onte ás deputacións provinciais de toda España no acto recoñecemento no Senado ao municipalismo e aos entes locais. A homenaxe «Corenta aniversario das primeiras eleccións municipais democráticas trala aprobación da Constitución» estivo encabezada polo presidente do Senado, Manuel Cruz, o ministro en funcións de Política Territorial, Luis Planas, e o presidente da FEMP, Abel Caballero.

    Zona Franca e Asociación Down Vigo, asinan un convenio de colaboración

    Para favorecer os principios de responsabilidade social relativos á plena integración das persoas con capacidades diversas, esta mañá e coa presenza do alcalde de Vigo, Abel Caballero, o delegado do Estado para a Zona Franca, David Regades e o presidente da Asociación Down Vigo, José Manuel García asinaron un convenio que, por catro anos, regula as prácticas profesionais en Zona Franca das persoas pertencentes á devandita asociación e senta, ademais, as bases para futuros acordos.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.