Salvaterra de Miño

Non temos aprendido nada

Tiña eu a esperanza, tonta polo que se mira, que a vaga de incendios sufrida en outubro do 2017 servira cando menos para sacar algunha conclusión por moi pequena que fora. Hoxe, un ano e medio despois, cando os nosos montes aínda non comezaron a recuperarse –só hai que pasarse polo concello das Neves, por poñer un exemplo– chegamos a conclusión de que, tristemente, non temos aprendido nada e non sacamos, ou non sacou a administración autonómica, ningunha conclusión.

Éxito da xornada gratuíta de defensa persoal feminina organizada polo Concello de Salvaterra

O pasado 16 de marzo daban comezo, en Salvaterra de Miño, as clases de defensa persoal feminina organizada polo Concello e que contan cunha enorme participación. Serán catro xornadas a través das que se darán ás participantes nocións básicas de como afrontar diversas situacións de risco, como resolvelas e actuar. Do mesmo xeito, ensinarase ás participantes como poñer en práctica métodos simples de defensa.

Salvaterra de Miño celebra o Día da Árbore

Un ano máis, con motivo da celebración do día da árbore, a Concellería de Medio Ambiente do Concello de Salvaterra de Miño, que dirixe Marta Valcárcel, organiza varias actividades involucrando aos Centros Educativos do Municipio de cara a concienciar, aos nenos e nenas, na necesidade de coidar e protexer o medio natural.

Xosé Antón Outeiro «Tití», candidato do BNG á alcaldía de Salvaterra de Miño

A Asemblea Local do BNG vén de elixir por unanimidade a Xosé Antón Outeiro, «Tití», como candidato á alcaldía de Salvaterra de Miño. Outeiro é concelleiro do BNG dende o 2014, e na actualidade é o seu portavoz municipal. O Bloque destacou “a capacidade de traballo, a seriedade e a experiencia de Tití”, que dende 2007 foi responsable local dos nacionalistas en Salvaterra.

Salvaterra organiza unha andaina polos ríos Miño e Mendo

O Concello de Salvaterra de Miño vén de anunciar a realización dunha andania, para o vindeiro 16 de marzo, que se desenvolverá entre o Parque da Canuda ata a Igrexa de Leirado e regreso. Trátase dunha ruta polos ríos Miño e Mendo de algo máis de 19 quilómetros.

Suscribirse a este canal RSS