Mos

Mos organiza unha charla sobre "educación dixital saúdable" en menores de 6 anos

O Concello de Mos organiza unha charla dirixida aos pais e nais de cativos menores de seis anos sobre a relación dos seus fillos e fillas coas novas tecnoloxías. A charla correrá a cargo de Alba Alonso Feijoó, da empresa Realkiddys e profesora no CEIP Mestre Martínez Alonso. Terá lugar o vindeiro xoves, día 28 de marzo, ás 19.00 horas no Multiusos das Pozas. A asistencia á mesma é de balde pero require de inscrición previa no teléfono 986 33 94 04 ou a través de correo electrónico en Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Mos adícalle o Pavillón Pena de Francia á atleta Soledad Castro

O Pavillón «Pena de Francia» de Mos leva, dende onte, o nome da atleta María Soledad Castro Soliño, en recoñecemento dos logros deportivos desta mosense que comezaba a súa andaina deportiva nun equipo de fútbol feminino de Tameiga, e pasándose aos 19 anos ao atletismo. A día de hoxe, no seu palmarés figuran camiponatos galegos e de España en campo a través, 3.000 e 10.000 metros e media maratón especialidade esta na que, no 2017, proclamábase campioa do mundo W-50 na cidade coreana de Daegu.

Mos aproba a segunda fase da humanización de Cela

A Xunta de Goberno Local do Concello de Mos, aprobou a segunda fase do proxecto de humanización en Cela. Esta segunda fase humanizará a Estrada Generoso Domínguez desde o Camiño de Quinta ata a Igrexa de San Pedro de Cela. A obra conta cun orzamento base de licitación de 360.166,86 € máis IVE segundo consta no proxecto técnico redactado polo enxeñeiro en febreiro de 2019. 

Andaina Solidaria polos montes de Tameiga da plataforma «Auga é Vida»

Os montes de Tameiga, no concello de Mos, serán escenario dunha Andaina Solidaria organizada pola «Plataforma Auga é vida», formada polas comunidades de Traídas de Augas de Petelos-Tameiga, Casal-Tameiga, de Monte Baxiña e de Sanguiñeda maila Comunidade de Montes de Tameiga. A andaina terá saída ás 10:30 h desde a área de lecer do Centro Deportivo, Social e Cultural «As Pedriñas» que será tamén o lugar de retorno no que ademais os e as participantes poderán gozar dunha churrascada.

Suscribirse a este canal RSS