22.2 C
Pontevedra
Sábado, 20 de Abril de 2024
Máis

    Tag: la vuelta 20

    Mos xa ten a súa propia mascarilla oficial de La Vuelta 20

    A clase de 2º curso de Bacharelato de Artes do IES de Mos recibiu onte os seus exemplares da mascarilla oficial da etapa de La Vuelta Ciclista a España que sairá do Pazo de Mos o 5 de novembro. A mascarilla oficial é o deseño de Ezequiel Ramos Prino, alumno gañador do concurso.

    Mos abre a programación de La Vuelta 20 cunha ‘MasterClass’ a cargo de Pereiro, Pino, “Purito” e Javier Mínguez

    Onte tivo lugar a apertura da programación municipal de actividades previas á saída dunha etapa de La Vuelta Ciclista a España 2020 desde o Pazo de Mos o 5 de novembro cunha charla ofrecida por ciclistas de recoñecido prestixio internacional entre os que se atopou o mosense Óscar Pereiro, gañador dun Tour de Francia, e embaixador de La Vuelta.

    A organización de ‘La Vuelta 20’ fai unha nova visita a Mos para supervisar o espazo da saída da etapa número 15

    Onte un equipo da organización de 'La Vuelta Ciclista a España' desprazouse ata Mos para continuar cos labores de supervisión previos á proba ciclista. Os membros integrantes dos equipos de produción e loxística, con Pedro Lezaun á cabeza, estiveron na contorna do Pazo de Mos acompañados polo tenente alcalde do Concello de Mos, Camilo Augusto, e pola concelleira mosense de Cultura e Turismo, Sara Cebreiro.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.