Tag: javier losada
Javier Losada informa que Policía Nacional y Guardia Civil suman 1.281 dispositivos de control en Galicia desde la entrada en vigor das últimas medidas sanitarias
O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, informou que no últimos tres días os Corpos e Forzas de Seguridade do Estado despregaron en Galicia un total de 1.281 dispositivos de seguridade nos que se identificaron a 22.439 persoas e controlado 16.069 vehículos.
Javier Losada explicou que, desde a entrada en vigor das novas restricións á mobilidade e os contactos sociais aprobados pola Xunta de Galicia, a Garda Civil e a Policía Nacional han sumado 512 propostas de sanción na Comunidade.
Javier Losada recoñece o papel esencial dos técnicos/as superiores sanitarios na evolución da crise sanitaria
O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, recoñeceu o papel esencial dos técnicos superiores sanitarios na prevención e loita contra a pandemia do coronavirus, polo seu contacto permanente cos pacientes e pola súas responsabilidades, que desempeñan “día a día” con total compromiso e alto grado de formación.
Javier Losada salienta o “alto grao de cumprimento das normas sanitarias” con apenas un 1,5 % de propostas de sanción na fin de semana
O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, subliñou hoxe o alto cumprimento das normas sanitarias na Comunidade, con apenas un 1,5% de propostas de sanción desde o venres. Fíxoo tras a reunión do Centro de Coordinación galego, no que participan os mandos policiais e de Protección Civil.
Javier Losada apunta a unha combinación de “medidas sociais e de seguridade” ante o fenómeno da ocupación ilegal de vivendas
O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, apuntou hoxe á unha combinación de medidas de carácter social e de seguridade cidadá para evitar o fenómeno da ocupación ilegal de vivendas na Comunidade. Presidiu unha reunión operativa con mandos do Corpo Nacional de Policía e da Garda Civil de Galicia, encabezados polo Xefe Superior de Policía, José Luis Balseiro, e o xeneral xefe da XV Zona da Garda Civil, Luís Francisco Rodríguez.
A Delegación do Goberno anima á cidadanía a aproveitar a convocatoria galega do Programa MOVES para fomentar o uso dos coches eléctricos
O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, animou hoxe á cidadanía, empresas e administracións a aproveitar a convocatoria publicada esta semana no Diario Oficial de Galicia para fomentar o uso do coche eléctrico e a mobilidade eficiente. Esta convocatoria, que xestiona a Xunta con fondos procedentes do Goberno de España, “ofrece a oportunidade de renovar o parque móbil dos galegos e a súa forma de trasladarse favorecendo o uso de medios menos contaminantes e máis sostibles”.
Gonzalo Caballero, “Galicia necesita unha Xunta progresista en sitonía co Goberno de España”
O candidato socialista á presidencia da Xunta, Gonzalo Caballero, sinalou onte en Santiago que “é necesario abrir en Galicia unha etapa de progreso para a reconstrución económica e social de Galicia”, e chamou a facelo cunha Xunta que sexa “aliada” das políticas de protección da cidadanía que está poñendo en marcha o goberno de España.
Deputación e Delegación do Goberno coinciden en reclamar á Xunta que convoque aos entes locais cara ao plan de reconstrucción para Galicia
Agradecendo a pronta resposta da Delegación do Goberno ante á única solicitude de reunión formulada pola Deputación, comezaba o encontro entre Javier Losada e Carmela Silva para intercambiar informacións relativas á xestión da crise derivada pola Covid-19 e afondar en demandas da administración provincial.
O AECT Miño consegue o compromiso da Delegación do Goberno de interceder ante os ministerios de Sanidade e Interior para a apertura de máis pasos na fronteira do Miño
O director do AECT Rio Minho e deputado de Cooperación Transfronteiriza, Uxío Benítez, manifestou a súa “satisfacción” trala reunión co delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, a quen trasladou a petición da apertura de máis pasos na fronteira de Portugal para aliviar a situación de milleiros de traballadores e traballadoras que só poden cruzar a ‘raia’ polo paso de Tui-Valença e realizan rodeos de ata 100 quilómetros.