19.3 C
Pontevedra
Xoves, 8 de Xuño de 2023
Máis
    HomeÉ NoticiaEn setembro volven os "roteiros literarios" da Deputación

    En setembro volven os “roteiros literarios” da Deputación

    Haberá un total de 125 prazas, 25 por cada un dos roteiros, que se poden reservar no enderezo electrónico roteiros.cultura@depo.gal

    A Deputación de Pontevedra segue a “aviventar” cultura na provincia e porá en marcha o vindeiro 5 de setembro o seu programa de Roteiros Literarios por cidades e vilas  que son escenario ou que inspiraron obras literarias. Serán de novo cinco paseos, para os que haberá un total de 125 prazas, que se desenvolverán por espazos dos concellos de Vigo, Moaña, Salvaterra, Silleda e Pontevedra. O programa volve contar coa colaboración coa Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG).

    Cada un dos roteiros, que terán lugar tres domingos de setembro e os dous primeiros de outubro en horario de 11 a 13.30 horas, contará con 25 prazas.  Terán como guías a autores e autoras da AELG, que tomarán como base obras propias ou alleas ambientadas nos respectivos espazos. Deste xeito, o público poderá gozar desta experiencia descubrindo unha nova visión destes lugares e viaxando pola memoria literaria do territorio. As inscricións poden realizarse xa no enderezo electrónico roteiros.cultura@depo.gal, indicando cal é a ruta escollida, os nomes das persoas participantes (máximo de 4 por reserva) e un teléfono de contacto. 

    • As camiñadas, que forman parte do programa provincial “Aviventa Cultura”, arrancarán o domingo, 12 de setembro, co Roteiro de dramaturxia en Vigo, que conducirá o dramaturgo Ernesto Is e que percorrerá aqueles espazos que serviron de inspiración ou nos que se ambientan obras de autores como Marta Pérez, Cunqueiro, Valle-Inclán, María Xosé Queizán ou o propio Is.
    • O 19 de setembro será o actor, director e dramaturgo Santiago Cortegoso ofrecerá en Moaña o paseo titulado O ronco do carneiro. Alí contará historias de fuxidos polos montes de Domaio, inspiradas na obra do mesmo título e que falarán dos lugares e das consecuencias da represión franquista na comarca.
    • A última ruta do mes de setembro, o día 26, será en Salvaterra, onde Raquel Castro guiará Versos de auga e viño, con paradas en lugares que evocan a pegada de Cunqueiro, Manuel Puente e Xela Arias, entre outros.
    • Xa en outubro, haberá dous roteiros, o primeiro o día 3 en Silleda, conducido pola xornalista e escritora Ana Cabaleiro, que leva por título Memoria e ficción no relato rural e que percorrerá parte do centro urbano da localidade para poñer en valor as pegadas literarias que atesoura.
    • Os paseos literarios rematarán o día 10 de outubro en Pontevedra, onde o autor Xosé Monteagudo guiará o titulado Vida cultural, política e social na Pontevedra de Todo canto fomos, un roteiro que o pasado 2020 non se puido levar a cabo por mor da Covid. Percorrerá escenarios desta novela de Monteagudo , en especial os espazos onde se situaban os cafés dos anos 20 e 30 do século XX, algúns edificios relacionados co pulo da docencia nesa época ou os lugares relacionados coa fundación do Partido Galeguista.

    O desenvolvemento destas rutas estará guiado por un estrito protocolo con todas as medidas de seguridade e garantías sanitarias e será obrigatorio o uso de máscara.

    COLABORACIÓNS

    Pilar Pallarés, «Unha boa gatucada!»

    A primeira incursión de Pilar Pallarés na literatura infantil e xuvenil resultou ser unha grata sorpresa, unha colección de poemas (en realidade un longo poema narrativo fragmentado), que ten como protagonistas un grupo de gatos que conviven cunha humana.

    Aperitivos de hojaldre sin gluten

    Mayo es el mes de las personas celíacas. El día 16 se celebró el Día Internacional de la Enfermedad Celíaca y hasta este año, el 27 de mayo se celebraba en España el Día Nacional (este año nos unimos al resto de los países y lo celebramos el día 16).

    Ponteareas diante das eleccións (II): a Xeración do cambio, un recordo para que a Historia non se repita

    “De onde vimos? quen somos? onde imos?”. O título do cadro de Paul Gauguin e a letra da coñecida canción de Siniestro Total son interrogantes filosóficos que, aplicados ao mundano proceso electoral no que estamos inmersos, serven para lembrarnos que os procesos histórico-políticos son dinámicos e, polo tanto, teñen unha xénese no pasado que explica un presente que, á súa vez, condicionará o futuro decorrer dos acontecementos. A recente historia de Ponteareas non é unha excepción e, a poucos días das eleccións municipais, convén lembrala para non estar condenados a repetila.

    Ponteareas diante das eleccións (I): David contra Goliat e a utopía feita realidade

    Botando unha ollada atrás un non pode deixar de sorprenderse da rapidez coa que transcorre o tempo e a vida. Unha velocidade vertixinosa que tamén acompaña aos acontecementos e procesos sociais e políticos e que explica a facilidade coa que a sociedade pode esquecer tan axiña o seu pasado e, sobre todo, en política, ignorar de onde vimos, onde estamos e cara onde nos diriximos. Esquecemento dos que viviron eses procesos, mais tamén descoñecemento comprensíbel por razóns biolóxicas e xeracionais dos que daquela non naceran ou eran uns cativos.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    84 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    42 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    8 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS