12.5 C
Pontevedra
Xoves, 2 de Maio de 2024
Máis
    HomeÉ NoticiaCOGAMI presta apoio a máis de 500 persoas sobre como proceder ante...

    COGAMI presta apoio a máis de 500 persoas sobre como proceder ante o COVID-19

    A Confederación Galega de Persoas con Discapacidade de Galicia (COGAMI) amosou hoxe a súa preocupación ante a situación de vulnerabilidade na que poden quedar moitas das persoas con discapacidade e familias tralas medidas de illamento decretadas, o peche de centros ocupacionais, de día, sociais, educativos e a práctica desaparición das súas redes de apoio.

    A área de Promoción de COGAMI é a que se encarga de xestionar todas as consultas que chegan á entidade, aportando unha resposta ás persoas con discapacidade e familias, co fin de darlle unha solución á problemática que teñen.

    Durante a COVID-19 remitíronse a COGAMI un total de 210 consultas nas que, explica a confederación, “evidénciase a preocupación pola falta de información e confusión sobre esta pandemia e o descoñecemento ante a maneira de proceder”. Nas consultas, recibidas vía telefónica e correo electrónico, “apréciase o temor por como afectará o confinamento á saúde mental da propia persoa e por como afrontar a situación”.

    A escaseza de información sobre prazos e lugares de atención para a entrega de documentación na Administración; a maneira de proceder para solicitar a revisión do certificado de discapacidade en proceso de caducidade ou xa caducado e como contactar co SEPE para solicitar a prestación de desemprego, foron outras das preocupacións transmitidas a COGAMI, xunto coas consultas sobre a tramitación e cobros dos ERTES e o pago de alugueres de locais comerciais e vivendas.

    O equipo formado por 11 traballadoras sociais da área de Promoción da Autonomía Persoal realizou tamén un total de 1.032 seguimentos a persoas usuarias e familias para coñecer a súa situación e se presentaban algunha necesidade. Destes seguimentos, puideron apreciar que viven unha situación de sobresaturación tanto as persoas con discapacidade como as súas familias, as persoas maiores que viven soas ou as coidadoras principais de persoas con discapacidade e/ou en situación de dependencia (por exemplo persoas con Alzheimer, con enfermidade mental, etc).

    O contacto mantido coas persoas maiores amosa que moitas delas teñen ansiedade, a necesidade de falar con outra persoa e de acompañamento durante este proceso. COGAMI actuou de intermediaria entre as persoas que demandaban unha necesidade e as coordinacións dos servizos sociais comunitarios, protección civil e outras entidades de atención, mediando en máis de 100 actuacións conxuntas.

    Outras das xestións levadas a cabo por COGAMI foron 240 intervencións sociais, sendo estas de acompañamento a persoas durante a crise e de apoio psicosocial, das que se beneficiaron un total de 331 persoas. Como a atención personalizada non é posible tralo COVID-19, os medios empregados foron o correo electrónico, os vídeos explicativos, a chamada telefónica, e as plataformas de Whatsapp e Skype, realizando 79 sesións individualizadas e 5 sesións grupais a través de videoconferencia.

    Dende COGAMI insístese na necesidade de “poñer o foco no grao de vulnerabilidade que teñen as persoas con discapacidade”. O equipo de COGAMI que conforma a área de Promoción da Autonomía Persoal aprecia un aumento na crise social, relacionada co ámbito económico. Existe preocupación a que a diminución de ingresos e a incerteza sobre o regreso ao posto de traballo, deriven nunha problemática de saúde mental.

    Ante a situación actual, para COGAMI, é necesario manter estes servizos: a protección das persoas con discapacidade, maiores e/ou con dependencia a través de coidados domiciliarios; volver retomar as valoracións de dependencia e discapacidade e a xestión de prestacións; rachar coa fenda dixital para aquelas persoas que non teñen nin competencias nin recursos para o uso das vías telemáticas; acadar solucións para as persoas que viven soas ou para aquelas que están illadas no medio rural; ofrecer trato preferente para axuda a domicilio de persoas con discapacidade e a accesibilidade debe ser universal, debe chegar a todas as persoas con discapacidade sen excepcións.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.