16 C
Pontevedra
Venres, 24 de Marzo de 2023
Máis
    HomeÉ NoticiaCOGAMI crea una unidade de apoio para os traballadores de centros especiais

    COGAMI crea una unidade de apoio para os traballadores de centros especiais

    COGAMI cubre o circuíto integral no emprego apoiando tanto ás persoas que o demandan como ás que traballan en centros especiais de emprego, iniciativas sociais que proporcionan traballo a persoas con discapacidade facilitando a integración laboral no mercado de traballo ordinario.

    A área de Emprego de COGAMI, ademais de informar, asesorar, orientar e formar ás persoas cando están na busca de emprego, tamén apoia ás que xa lograron esta inserción laboral. Isto faino a través dunha Unidade de Apoio, un servizo que inicia en setembro de 2021 tendo por obxectivo axudar ás persoas durante a súa incorporación nos centros especiais de emprego e tamén para o mantemento dos seus postos de traballo.

    Dende que iniciou, esta Unidade atendeu un total de sesenta e cinco persoas traballadoras, tanto dos centros especiais de emprego que integran COGAMI Empresarial como tamén doutros que son alleos á Organización.

    Financiada polo Fondo Social Europeo, a través dunha convocatoria da Confederación Empresarial Española de la Economía Social (CEPES), esta unidade está formada por unha psicóloga e unha traballadora social, ademais de contar co apoio da área de emprego de COGAMI. Ata esta unidade deriváronse necesidades de tipoloxía diversa, como apoio psicolóxico para afrontar preocupacións persoais e o afrontamento de situacións de estrés.

    A través da organización de obradoiros de comunicación, prestouse apoio ás persoas traballadoras na mellora das relacións entre compañeiros e compañeiras, tratando de afianzar as habilidades sociais e diminuír malos entendidos. Outros apoios prestados a través da Unidade de COGAMI foron no posto de traballo para optimizar o tempo, para a busca de recursos, información sobre axudas e prestacións, a tarxeta de discapacidade, axudas para o alugueiro, para a mellora da accesibilidade da vivenda, para actividades de lecer e poder ampliar as relacións sociais.

    A Unidade de Apoio estará en funcionamento ata o mes de agosto para recibir as necesidades de calquera centro especial de emprego. Pódese contactar co equipo técnico a través do teléfono 981 574 698 ou enviando correo a sil@cogami.gal. O primeiro contacto entre o equipo técnico e a persoa será unha entrevista inicial para coñecer cada persoa e analizar as súas necesidades.

    COLABORACIÓNS

    Miguel Sande, «Brinde e desespero»

    Miguel Sande está a presentar o seu novo poemario, «Brinde e desespero», co que recentemente acadou o XXV Premio Johan Carballeira. Xa falamos noutras ocasións neste mesmo espazo de como se están a diluír a cotío as xa febles liñas que separan os distintos xéneros literarios. «Brinde e desespero» é unha proba máis pois, a pesar da súa inequívoca cadencia lírica, Sande xoga a brincar con habilidade sobre as lindes da poesía para adentrarse no terreo da narrativa e darlle forma a unha prosa poética ben particular.

    Arantza Portabales, «O home que matou a Antía Morgade»

    Abad e Barroso chegaron un día para quedar, para alternar con Leo Caldas, Frank Soutelo e algúns dos outros detectives de referencia da literatura galega dos últimos anos.

    “Nigeria 70”, una trilogía para escuchar

    El Sello inglés Strut nace a finales de los 90. En el año 2008 es adquirido por el Sello !K7 Music, con sede en Berlín, Londres y Nueva York. Strut tiene como misión desenterrar las joyas perdidas del pasado de la música de baile.

    Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá»

    Realidade e ficción conflúen na última proposta narrativa de Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá», na que presenta o que poderiamos considerar unha dupla biografía novelada.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    81 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    41 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    6 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS