9.9 C
Pontevedra
Venres, 26 de Abril de 2024
Máis
    HomeÉ NoticiaA Deputación organiza visitas escenificadas aos castros ao abeiro do programa "Historias...

    A Deputación organiza visitas escenificadas aos castros ao abeiro do programa “Historias Cavadas”

    Haberá 25 prazas para cada unha das actividades, que as persoas interesadas deberán reservar no enderezo electrónico historiascavadas2021@gmail.com

    Cultura, diversión e patrimonio conxúganse nas “Historias Cavadas”, o novo programa de visitas escenificadas co que a Deputación de Pontevedra vai poñer en valor os castros musealizados da provincia da man dos principios de sustentabilidade, accesibilidade e inclusión de tódolos públicos. Deste xeito, a institución provincial levará a cabo o vindeiro mes de setembro estas rutas polos xacementos de Toiriz (Silleda), A Subidá (Marín) e Castro Alobre (Vilagarcía), que vén de musealizar xunto ao Ministerio de Fomento e os citados concellos.

    As sesións aos distintos castros serán realizadas polo grupo Troula Animación e, máis concretamente protagonizadas por dous personaxes, un romano e unha castrexa, que lle darán unha “onda cómica” a estes percorridos pola historia co obxectivo de convertelos nunha experiencia non só cultural, senón divertida para todas as idades. A duración estimada é de 50 minutos.

    Complétase con esta iniciativa sociocultural o compromiso da Deputación coa recuperación e posta ao dispor da sociedade destes espazos. Unha aposta pola divulgación e actualización do legado patrimonial da provincia e o fomento de experiencias culturais seguras e singulares.  Haberá 25 prazas para cada unha das visitas, que as persoas interesadas deberán reservar no enderezo historiascavadas2021@gmail.com. No correo deberá indicarse o nome do castro e a data da visita, o nome completo das persoas solicitantes (4 prazas máximo por reserva) e un teléfono de contacto.

    As visitas arrancarán o 2 de setembro en Toiriz, onde tamén se celebrará outra ruta o día 3, ambas as dúas ás 20 horas. Posteriormente, as “Historias Cavadas” chegarán ao vilagarcián Castro Alobre (días 16 e 30 de setembro ás 20 horas) e finalizarán no castro marinense da Subidá, con citas o 17 e 24 de setembro ás 19 horas. Serán actividades accesibles e inclusivas, que contarán así mesmo con intérprete de lingua de signos en caso de ser necesario.

    O obxectivo coas actividades nestes enclaves patrimoniais, é que a historia, o valor cultural, o contexto social e o significado artístico, patrimonial e simbólico destes xacementos arqueolóxicos, sexa interpretado e chegue ao público dunha maneira amena e didáctica, que axude a comprender o importantísimo papel que teñen como testemuña do pasado e o indispensable labor de recuperación e respecto que se realiza para sacalos á luz e que continúen a súa historia cara o futuro. A compañía Troula, encargada de realizar as visitas escenificadas, está especializada en teatro e animación, con ampla traxectoria de máis de 20 anos na produción de espectáculosde rúa. Moi presentes cos seus proxectos en Galicia e boa parte da xeografía nacional, así como estranxeira (Francia, Portugal, Inglaterra, Escocia e Irlanda), Troula é a compañía organizadora do festival de espectáculos itinerantes de Pontevedra, Itineranta, e produtora de coñecidos proxectos como  “Uxía Lambona e a Banda Molona”, “Errantes”, “Pachamama” ou “O estraño caso do dentista da rúa Brasov”. Actualmente, tamén se encargan das visitas teatralizadas no Castelo de Soutomaior, outra das apostas socioculturais da Deputación para poñer en valor o patrimonio provincial.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.