3.5 C
Pontevedra
Mércores, 6 de Decembro de 2023
Máis
    HomeÉ NoticiaA Deputación convoca os premios "Demo Day" cara ás propostas dos alumnos...

    A Deputación convoca os premios “Demo Day” cara ás propostas dos alumnos dos centros que participan en “DepoEmprende na FP”

    A institución provincial repartirá 1.900 euros nestes galardóns, que buscan fomentar a iniciativa emprendedora entre o alumnado da Formación Profesional de grao medio e superior e na que toman parte este ano seis centros educativos da provincia

    A Deputación de Pontevedra vén de convocar unha nova edición dos Premios Demo Day para os centros que este curso están adheridos ao proxecto “DepoEmprende na FP”, cuxo obxectivo é promover entre o alumnado de Formación Profesional de Grao Medio e Superior a iniciativa emprendedora, tanto no ámbito empresarial coma no autoemprego, e tamén a actitude necesaria para asumir riscos e responsabilidades.

    A estes galardóns, que buscan fomentar o lanzamento das diferentes propostas elaboradas polo alumnado, así como identificar e apoiar proxectos susceptibles de ser desenvolvidos, poden optar os centros educativos que este ano participan: o CIFP Manuel Antonio (Vigo); o CPR Daniel Castelao (Vigo); o CPR San Miguel (Vigo); o IES Johan Carballeira (Bueu); o CIFP Carlos Oroza (Pontevedra) e o IES Plurilingüe Terra de Turonio (Gondomar).

    Trala publicación este xoves das bases da convocatoria no Boppo, os centros educativos poderán presentar as súas solicitudes de inscrición a partir deste venres 19 e con prazo ata o día 11 de marzo. A Deputación destina a estes premios un orzamento de 1.900 euros, distribuído en dous premios de 700 e 500 euros para os proxectos da categoría de Grao Superior e un premio de 700 euros para os da categoría de Grao Medio.

    Segundo establecen as bases, os centros participantes poderán presentar como máximo dous proxectos de entre os desenvoltos no marco do programa. Unha vez elixidos, a Deputación desenvolverá co alumnado un programa intensivo de apoio e asesoramento, formación e mintorización, denominado “Aceleración de proxectos” para axudarlles no proceso de elaboración. Finalmente, o xurado examinará as propostas presentadas e terá en conta para a concesión destes premios a valoración do proxecto, innovación; a súa contribución social; solidez e viabilidade , estratexia comercial e, por último, a presentación.

    “DepoEmprende na FP” é unha das tres modalidades nas que se divide este programa para centros educativos da provincia, xunto a “DepoEmprende na escola” e “DepoEmprende na ESO” e con esta iniciativa a Deputación busca promover a cultura emprendedora no marco do sistema educativo e impulsar que o alumnado sexa protagonista da súa propia aprendizaxe, cun traballo desde a práctica. A metodoloxía proposta baséase na elaboración e xestión de proxectos empresariais para que o alumnado asuma o risco de afrontar diferentes situacións laborais e, deste xeito, mellore a súa participación activa na vida económica, social e cultural do seu contorno. Amais dos seis centros de FP, neste curso 2020-2021 participan 8 en “DepoEmprende na Escola” e outros 8 en “DepoEmprende na ESO”.

    LIBROS

    Amador Castro Moure, «Pronto hei de volver»

    A emigración, como non podía ser doutra maneira, é un deses temas aos que a literatura galega volve unha e outra vez. Dende distintas perspectivas e con diferentes enfoques e intencións, forma parte troncal do noso sistema literario dende o momento en que comezou a tomar forma.

    Xosé M. Eyré, «Ou as dúas estaredes mortas»

    Moito temos falado neste mesmo espazo dos cada vez máis difusos lindes entre xéneros literarios; de como novela e relato –tamén a poesía ou o teatro– semellan lidar pola posesión de espazos que tradicionalmente lles eran alleos e que pretenden converter en propios, alimentando así unha fusión que, no fondo, non deixa de ser a procura de novas vías de expresión aínda non transitadas.

    Raquel Castro, «Sobremesas sobre versos»

    Dende fai xa varios anos, Raquel Castro é unha das habituais na literatura infantil galega, pero a maioría dos seus traballos publicados enfocábanse cara ao mundo do teatro para nenos, onde deixou pezas de excelente facturación.