7.9 C
Pontevedra
Mércores, 6 de Decembro de 2023
Máis

    Tag: depoemprende na fp

    A Deputación convoca os premios Demo Day de “DepoEmprende na FP”

    A Deputación de Pontevedra vén de convocar unha nova edición dos Premios Demo Day para os centros educativos que están adheridos este curso ao programa “DepoEmprende na FP”.

    A Deputación premia o talento do alumnado que participou en “Depoemprende na FP”

    “Todos os proxectos son gañadores e extraordinarios porque apostan por un novo mundo no que están presentes valores como o produto de proximidade, respecto ao medio ambiente, sostibilidade ou innovación”.

    A Deputación recoñece “o talento da mocidade da FP da Provincia” na entrega dos premios ‘DepoEmprende’

    “Que saiba a provincia que todas e todos imos quedar nas mellores mans, nas de mozas e mozos que teñen ideas, traballan, que se comprometen e son capaces de construír e crear, e é a única forma de que poidamos seguir avanzando”. A presidenta provincial, Carmela Silva, puxo hoxe en valor o traballo do alumnado e o profesorado dos centros da provincia que participaron na cuarta edición do programa DepoEmprende na FP durante a xornada DemoDay na que os e as estudantes presentaron os seus proxectos de emprendemento deseñados desde a aula e na que o xurado distinguiu aos gañadores.

    A Deputación convoca os premios “Demo Day” cara ás propostas dos alumnos dos centros que participan en “DepoEmprende na FP”

    A Deputación de Pontevedra vén de convocar unha nova edición dos Premios Demo Day para os centros que este curso están adheridos ao proxecto “DepoEmprende na FP”, cuxo obxectivo é promover entre o alumnado de Formación Profesional de Grao Medio e Superior a iniciativa emprendedora, tanto no ámbito empresarial coma no autoemprego, e tamén a actitude necesaria para asumir riscos e responsabilidades.

    A Deputación ultima a quinta edición de “DepoEmprende” coa selección dos centros educativos participantes

    A Deputación de Pontevedra dá un paso máis para a posta en marcha da quinta edición de “DepoEmprende”, o programa da institución destinado a fomentar o espírito emprendedor no marco do sistema educativo, coa publicación este martes da lista provisional de centros educativos adheridos ao proxecto. Este ano participarán en total 23 centros de 12 concellos da provincia, 8 na modalidade de “DepoEmprende na Escola”, outros 8 en “DepoEmprende na ESO” e 7 en “DepoEmprende na FP”.

    Os premios ‘Demo Day’ de ‘DepoEmprende na FP’ exhiben na Deputación “todo o talento e a creatividade que hai na provincia”

    O talento emprendedor da xente máis nova exhibiu hoxe o seu grande músculo no Pazo Provincial da Deputación de Pontevedra no acto de entrega dos Premios Demo Day aos proxectos gañadores da nova edición de 'DepoEmprende na FP', un “acto cheo de talento e creatividade” tal e como subliñou a Carmela Silva, a pesar de que entrega tivo que adaptarse aos tempos da Covid19 coas medidas de protección e distanciamento axeitadas.

    LIBROS

    Amador Castro Moure, «Pronto hei de volver»

    A emigración, como non podía ser doutra maneira, é un deses temas aos que a literatura galega volve unha e outra vez. Dende distintas perspectivas e con diferentes enfoques e intencións, forma parte troncal do noso sistema literario dende o momento en que comezou a tomar forma.

    Xosé M. Eyré, «Ou as dúas estaredes mortas»

    Moito temos falado neste mesmo espazo dos cada vez máis difusos lindes entre xéneros literarios; de como novela e relato –tamén a poesía ou o teatro– semellan lidar pola posesión de espazos que tradicionalmente lles eran alleos e que pretenden converter en propios, alimentando así unha fusión que, no fondo, non deixa de ser a procura de novas vías de expresión aínda non transitadas.

    Raquel Castro, «Sobremesas sobre versos»

    Dende fai xa varios anos, Raquel Castro é unha das habituais na literatura infantil galega, pero a maioría dos seus traballos publicados enfocábanse cara ao mundo do teatro para nenos, onde deixou pezas de excelente facturación.