11.5 C
Pontevedra
Venres, 26 de Abril de 2024
Máis
    HomeVal MiñorNigránO Concello de Nigrán abre o prazo de inscrición para o roteiro...

    O Concello de Nigrán abre o prazo de inscrición para o roteiro circular do xoves polo río Muínos e do sábado por os Matos – río Táboas

    O Concello de Nigrán ten aberto o prazo de inscrición no mail turismo@nigran.org para participar no seus roteiros guiados desta semana dentro da súa programación #NigránEquilibrioNatural. O primeiro terá lugar este xoves día 16 polo río Muíños, con saída ás 10:00 horas da mañá desde a oficina de Turismo de Gaifar (Panxón). O segundo terá lugar o sábado 18, tamén con saída ás 10:00 horas, desde o Cemiterio de Camos e discorrerá polo sendeiro dos Matos, ao carón do río Táboas (zona do futuro parque forestal entre Camos e Chandebrito). En ambos casos as prazas están limitadas por indicacións sanitarias e se cubrirán por rigoroso orde de solicitude.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.