18.5 C
Pontevedra
Martes, 30 de Maio de 2023
Máis
    HomeVal MiñorNigránNigrán inicia un proxecto piloto de plantación de froitos do bosque en...

    Nigrán inicia un proxecto piloto de plantación de froitos do bosque en Chandebrito

    Recuperarase unha superficie de 500 m2 en desuso situada ao carón do Castro e queimada nos incendios do 2017 para plantar ao longo do mes de decembro arándanos, amoras e framboesas

    O Concello de Nigrán, grazas a un convenio entre Deputación de Pontevedra e a Asociación Forestal Galega (ASEFOGA), promove coa Comunidade de Montes de Chandebrito a plantación dunha parcela piloto de froitos do bosque en 500 metros cadrados de superficie no coñecido como ‘Chans do Castro’ (moi próximo ao castro).

    Este proxecto experimental nace co obxectivo de recuperar terras en desuso ou abandonadas servindo de guía e incentivo para a producción de arándanos, framboesas e amoras entre veciños e demais comunidades de montes (neste caso trátase de solo completamente calcinado nos incendios de 2017, que afectaron ao 99% da parroquia).

    Este cultivo, que non precisa de gran superficie e resulta moi rendible económicamente, resulta idóneo para pequenos terreos infrautilizados en Galicia, contribuíndo así non só a xerar emprego, se non a evitar os lumes (producidos en gran medida polo abandono do medio rural).

    “Recibimos a proposta con entusiasmo porque dende o Concello o que buscamos é ofrecer ás comunidades de montes alternativas á plantación de eucaliptos para a superficie queimada, que é algo que estas entidades teñen tamén moi claro, por iso estamos moi agradecidos á Deputación e Asefoga de que buscasen este espazo en Nigrán”, indica o alcalde, Juan González, quen recorda que, precisamente grazas á Deputación e á colaboración das comunidades de montes de Camos e Chandebrito, Nigrán contará co primeiro parque forestal da comarca.

    Deste xeito, técnicos de ASEFOGA iniciarán neste mes de novembro a preparación do terreo (non require unha preparación tan exhaustiva como outros cultivos) para, a inicios de decembro, realizar a plantación, que se agarda empece a dar os primeiros beneficios económicos ao cabo de tres anos (estímase que a partires do séptimo ano a producción chega ao seu máximo cun rendemento de 11.000/20.000 kg/ha).

    Unha vez a plantación esté concluída (que será antes de que remate o ano) a Comunidade de Montes de Chandebrito asume o compromiso de coidala, mantela e explotala a lo menos dez anos, estando os primeiros tres anos totalmente asesorados por técnicos de ASEFOGA (periodo que se considera o máis delicado para que acade o seu completo desenvolvemento). Ademais, a Comunidade de Montes de Chandebrito se compromete a facilitar visitas a grupos ou persoas interesadas en coñecer o proceso para a producción de froitos vermellos.

    “O PH ácido do solo de Galicia, a humidade e o clima atemperado fai que esta terra resulte especialmente idónea para cultivar os froitos do bosque, estes contan cada vez con maior demanda por parte do consumidor e teñen un rendemento económico moi superior ao resto de froita, xa que se están a vender en fresco a unha media de 7/15 euros kilográmo, sendo o arándano o mellor pagado”, explica Diego Barral, técnico de ASEFOGA que traballa neste proxecto.

    Así, segundo os últimos datos, en España a facturación de `berries´ aumentou un 300% nos últimos cinco anos debido a súa crecente popularidade entre os consumidores polas súas cualidades dietéticas, gustativas e terapéuticas (consúmense fundamentalmente como producto fresco pero tamén en marmeladas, deshidratados ou conxelados).

    A Deputación destinou 36.000 euros a promover o cultivo sustentable, mellorar o coñecemento dos froitos do bosque (amoras, arandos ou framboesas) e facer fincapé na importancia ambiental da recuperación das parcelas agrícolas e forestais en desuso.

    COLABORACIÓNS

    Aperitivos de hojaldre sin gluten

    Mayo es el mes de las personas celíacas. El día 16 se celebró el Día Internacional de la Enfermedad Celíaca y hasta este año, el 27 de mayo se celebraba en España el Día Nacional (este año nos unimos al resto de los países y lo celebramos el día 16).

    Ponteareas diante das eleccións (II): a Xeración do cambio, un recordo para que a Historia non se repita

    “De onde vimos? quen somos? onde imos?”. O título do cadro de Paul Gauguin e a letra da coñecida canción de Siniestro Total son interrogantes filosóficos que, aplicados ao mundano proceso electoral no que estamos inmersos, serven para lembrarnos que os procesos histórico-políticos son dinámicos e, polo tanto, teñen unha xénese no pasado que explica un presente que, á súa vez, condicionará o futuro decorrer dos acontecementos. A recente historia de Ponteareas non é unha excepción e, a poucos días das eleccións municipais, convén lembrala para non estar condenados a repetila.

    Ponteareas diante das eleccións (I): David contra Goliat e a utopía feita realidade

    Botando unha ollada atrás un non pode deixar de sorprenderse da rapidez coa que transcorre o tempo e a vida. Unha velocidade vertixinosa que tamén acompaña aos acontecementos e procesos sociais e políticos e que explica a facilidade coa que a sociedade pode esquecer tan axiña o seu pasado e, sobre todo, en política, ignorar de onde vimos, onde estamos e cara onde nos diriximos. Esquecemento dos que viviron eses procesos, mais tamén descoñecemento comprensíbel por razóns biolóxicas e xeracionais dos que daquela non naceran ou eran uns cativos.

    “The Last Of Us”

    Hace unos días, terminé de ver la primera temporada de la serie "The Last Of Us", una serie basada en la historia de un videojuego inspirado en un mundo apocalíptico.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    83 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    42 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    8 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS