8.7 C
Pontevedra
Xoves, 28 de Marzo de 2024
Máis

    Tag: froitos do bosque

    Ponteareas acolle unha acción formativa para impulsar a plantación e aproveitamento de froitos do bosque

    A concellería de Medio Ambiente, que dirixe Rosa Covelo, e a concellería de Formación que dirixe, Vanesa Fernández, informan que o vindeiro 9 de marzo o Centro de Desenvolvemento Local (CDL) acollerá a actividade formativa “Depofroitos” que pretende impulsar a creación de plantacións de froitos do bosque ecolóxicos, sobre todo en terreos abandonados, e mellorar a capacitación e a profesionalización das persoas emprendedoras que queiran dedicarse a esta actividade.

    Froitos do bosque encherán unha parcela de Chandebrito recuperada tras os incendios

    Técnicos agrícolas completaron esta mañá a plantación de froitos vermellos nunha parcela en desuso do monte comunal de Chandebrito, nun proxecto experimental que nace co obxectivo de recuperar terras en desuso ou abandonadas servindo de guía e incentivo para a producción de arándanos, framboesas, grosellas e amoras entre veciños e demais comunidades de montes.

    Nigrán inicia un proxecto piloto de plantación de froitos do bosque en Chandebrito

    O Concello de Nigrán, grazas a un convenio entre Deputación de Pontevedra e a Asociación Forestal Galega (ASEFOGA), promove coa Comunidade de Montes de Chandebrito a plantación dunha parcela piloto de froitos do bosque en 500 metros cadrados de superficie no coñecido como 'Chans do Castro' (moi próximo ao castro).

    As campaña da Deputación de control da acacia e impulso de froitos do bosque, chega ás Neves

    As campañas que a Deputación de Pontevedra puxo en marcha en colaboración coa Federación Galega de Medio Ambiente (FEGAMA) e a Asociación Sectorial Forestal Galega (ASEFOGA), para o control da mimosa (acacia dealbata L.) e a promoción do cultivo dos froitos do bosque estiveron esta mañá no concello de As Neves.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.