12.8 C
Pontevedra
Xoves, 25 de Abril de 2024
Máis
    HomeVal MiñorGondomarRuth Balbís válese da danza para invitar á reflexión sobre a violencia...

    Ruth Balbís válese da danza para invitar á reflexión sobre a violencia invisible na acción de ‘Violencia Zero’ en Gondomar

    A artista ourensá interactuou con 60 alumnas e alumnos da ESO do IES Auga da Laxe que seguiron en directo a súa peza de danza, que xirou arredor da análise das letras de cancións de reggaeton socialmente aceptadas no noso día a día

    A danza contemporánea e as letras de cancións de reggaeton que hoxe escoita a mocidade foron as grandes protagonistas da performance de Ruth Balbís en Gondomar. No marco dunha nova acción do programa da Deputación ‘Mulleres en Acción. Violencia Zero’, a artista ourensá levou á Praza da Paradela Pel continua para invitar á mocidade a reflexionar sobre o contido de violencia machista que se agocha tras as letras destas cancións e o conseguinte perigo desta violencia invisible. A actuación foi seguida en directo por 60 alumnas e alumnos da ESO do IES Auga da Laxe, así como pola deputada de Igualdade, Victoria Alonso, o alcalde, Francisco Ferreira, e outros/as concelleiros/as.

    A acción escénica de Balbís, creada ex profeso para ‘Violencia Zero’, consistiu nunha peza de danza contemporánea na que a artista suprimiu a melodía de cancións de reggaeton como Una vaina loca, de Fuego, ou Mirándote, de RVFV, para extraer e analizar as súas letras ao tempo que xogaba a montar e desmontar un “maniquí” cos que representaba a sexualización do corpo da muller nos seus videoclips e a violencia machista presente nas súas letras. Así, nunha actuación de 30 minutos inspirada na música que escoitan as alumnas as que instrúe como coreógrafa, Ruth decidiu apostar polo emprego dun código conceptual e visual común ás mozas e mozos para facelos/as reflexionar e facer visible esa violencia que, ata o momento, se amosaba invisible para elas e eles nas cancións que habitualmente escoitan e nos Tik Toks que bailan. Durante o transcurso da acción, a ourensá valeuse tamén de carteis coa estética dos que as tendas empregan nas rebaixas para citar neles cifras como número de visualizacións destes videoclips machistas e comparalos coas dunha canción de Mozart.

    Esta foi a vixésimo segunda acción levada a cabo dentro da sexta edición do programa, que este ano ten como lema “Emerxencia cultural, urxencia feminista! Nin un paso atrás na loita contra a igualdade”. “Mulleres en Acción. Violencia Zero” ten por obxectivo darlle visibilidade á loita contra as violencias machistas, así como dar a coñecer o labor de novas artistas que están a traballar a prol da igualdade. Tras máis de 100 accións artísticas por toda a provincia desde o seu inicio en 2015, o programa da Deputación de Pontevedra seguirá reivindicando a igualdade de xénero por toda a provincia ata que remate o ano.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.