9.6 C
Pontevedra
Sábado, 27 de Abril de 2024
Máis
    HomeVal MiñorGondomarGondomar arrinca a súa campaña “Gondoilusión, ningún neno e nena sen agasallo”

    Gondomar arrinca a súa campaña “Gondoilusión, ningún neno e nena sen agasallo”

    Desde esta semana e ata o 23 de decembro, os interesados poderán ingresar os seus donativos, a cantidade que consideren, nunha conta habilitada para a ocasión.

    Coa incerteza da pandemia aínda sobre nós, dende o Concello de Gondomar séguese a traballar para que a veciñanza adáptese da mellor maneira a “nova normalidade” imposta pola Covid-19, intendando que as repercusións para todos sexan as menores posibles, prestando axuda, desde a primeira onda da enfermidade, as familias máis vulnerables social e económicamente.

    “Especial atención queremos ter cos máis cativos destas familias, eses nenos e nenas que demostraron unha gran responsabilidade e heroísmo dándonos unha gran lección a todos e por iso temos que manter viva a súa ilusión neste Nadal e asegurarnos de que ningún deles queda sen o seu regalo nestas datas”, manifesta o alcalde, Paco Ferreira.

    Por esta razón, desde a Concellería de Benestar Social de Gondomar, dirixida por Nuria Lameiro, en colaboración coa Asociación de Mulleres Rurais, arrinca esta semana a campaña “Gondoilusión, ningún neno e nena sen agasallo”, cuxo obxectivo é recadar fondos que permitan comprar regalos para os menores de 16 anos das familias menos favorecidas do concello de Gondomar.

    Os ingresos de poderán realizarse na conta bancaria ABANCA ES53 2080 5035 0230 4000 9345, coa referencia “Gondoilusión”. A concelleira convida á veciñanza da localidade a sumarse a esta iniciativa “achegando o que en boa medida poidan, 1, 3, 5 euros ou a cantidade que consideren oportuna” e explica que cada destinatario recibirá un vale -cun valor igual para todos- que se poderá gastar en distintos comercios locais que se sumaron á iniciativa, favorecéndose asi tamén o apoio a este sector seriamente prexudicado durante a pandemia.

    Para máis información dirixirse ao teléfóno 986384473 ou ao correo educadorafamiliar@concellodegondomar.gal.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.