12.4 C
Pontevedra
Venres, 26 de Abril de 2024
Máis
    HomeVal MiñorBaionaBaiona inaugura a exposición "Camiños do Sur"

    Baiona inaugura a exposición “Camiños do Sur”

    Os tesouros do roteiro xacobeo, protagonistas na Alameda Carabela Pinta

    Que o público coñeza “este paraíso polo que pasa o Camiño”, e tamén “as nosas historias, patrimonio, gastronomía cultura” é o obxectivo da exposición “ Camiños do Sur”, coa que se quere facer ver que “os mellores camiños que existen son os que atravesan” a provincia de Pontevedra.

    A exposición pode visitarse na alameda Carabela Pinta durante o próximas catro semanas , onde acompañaron na apertura ao alcalde de Baiona, Carlos Gómez, a deputada de Turismo, Ana Laura Iglesias, e a concelleira de Cultura de Baiona, Miriam Costas.

    “Camiños do Sur”, que durante a noite iluminará a alameda mediante un cubro retroiluminado coa imaxe da mostra, inclúe un mapa de gran formato cos percorridos dos Camiños de Santiago que proceden de Portugal e atravesan a provincia. Tamén brinda información sobre paisaxes, vilas, persoas e culturas que lindan con estes roteiros históricos entre as que se atopa nosa Villa.

    A exposición itinerante “Camiños do Sur”, que impulsa a Deputación no marco do proxecto europeo “Camiños Xacobeos do Oeste Peninsular”, chegou este martes a Baiona tras o seu paso por Pontevedra.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.