12 C
Pontevedra
Venres, 26 de Abril de 2024
Máis
    HomeComarcasRedondelaRemate o prazo para o pagamento dos recibos de lixo, vaos de...

    Remate o prazo para o pagamento dos recibos de lixo, vaos de garaxe e taxa pola reserva da vía pública (taxis) do 2020 en Redondela

    O prazo voluntario remata o 18 de decembro e, pasada esta data, o cobro realizarase por vía executiva coas recargas de apremio regulamentarias

    O Concello de Redondela pon en coñecemento de todos os interesados e interesadas que o vindeiro 18 de decembro, remata o prazo para o pagamento en período voluntario dos recibos da Taxa pola recollida do lixo, Taxa por entrada de vehículos (vaos) e a Taxa pola reserva da vía pública (taxis) correspondentes ao exercicio 2020.

    As e os contribuíntes que non recibiran no seu domicilio as cartas de pagamento (recibos) necesarios para realizar o pago en calquera das entidades bancarias colaboradoras –Abanca, Caixabank Banco Bilbao Vizcaya ou na Oficina Virtual Tributaria–, poderán solicitar un duplicado dos mesmos na Oficina de Recadación e Xestión Tributaria do Concello de Redondela sita. na Rúa Ernestina Otero 35 bx. (horario de atención ó público: mañás de luns a venres de 9:00 h a 14:00 h e tardes de luns a xoves de 16:00 h a 19:00 horas) ou na Oficina de Chapela situada na Avenida de Redondela 19 (horario de atención ao público os mércores de 9:00 h a 14:00 h).

    Cómpre salientar que por mor da situación sanitaria, atenderase presencialmente de modo preferente mediante cita previa. Para mais información, interesadas e interesados poden dirixirse ao teléfono de atención ao contribuínte 986 408 374, ao correo electrónico redondela@canaltributos.com ou a través da Oficina Virtual Tributaria https://redondela.tributoslocales.es

    Unha vez finalizado este prazo de período voluntario de pagamento, o cobro realizarase por vía executiva aplicando as recargas de apremio regulamentarias.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.